jueves, 27 de junio de 2013

PLENO ORDINARIO DE XUÑO

A vida municipal segue en Miño. Ademáis de sentenzas, pleitos e demandas hai tamén plenos para tratar outros asuntos, e para permitir que a oposición (o grupo socialista) faga propostas, rogos e preguntas.

E estes son os que presentaron os concelleiros socialistas:
2013-06-18 Moción contra os recortes no ferrocarril

Agardabamos o apoio do grupo do PP, sobre todo despóis das declaracións do Jesús Veiga na prensa uns días antes:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/06/08/mino-protesta-recorte-servicios-tren/730567.html

pero, polo visto, o malestar non é tan forte como para votar, ou para debatir tan só, esta moción que trataba de que todas as forzas políticas de Miño loitasen xuntas e unidas para recuperar o servizo ferroviario nos dous apeadeiros que temos. Pero non, o alcalde negouse a aprobar a urxencia da moción (!!!!) e falar sobre ela. E, por suposto, para votala. Para os concelleiros do PP a lealdade ao seu partido é maior que a lealdade aos miñenses.

Tamén presentamos unha moción para reducir o custe de abrir ou trasladar un negocio no noso concello, nestes tempos tan difíciles para autónomos, pequeno comercio e emprendedores e neste caso conseguimos que o   PP  aprobase "estudialo". Non aprobalo, senon "estudialo".

2013-06-18 Moción modificación Ordenanza nº 6

Houbo tamén rogos

2013-06-18 Rogos

e preguntas
2013-06-18 Preguntas

Agora parece que o alcalde no é quen de cumplir a súa promesa de non ter asesor xurídico. Este non quere rescindir o contrato sen contraprestacións, e visto como leva exercendo este home nos últimos anos como abogado do concello de Miño, podería ser que a cousa se alongase anos e anos, e ata chegase a cobrar unha indemnización do concello. E sería a despedida axeitada, o premio merecido para quen asesoróu neste tempo sobre o asunto de Fadesa e sobre o de Piñeiro, cos resultados que todos coñecemos.

Unha das respostas máis sorprendentes foi a que dou o alcalde sobre por qué, a pesar de ser un compromiso do goberno local nun pleno a proposta do PSOE, non se ten feito unha modificación da taxa do lixo en Sombreu e Ponte do Porco. Nestes dous núcleos págase igual que na zona urbana, a pesar de que teñen menos días de recollida, e resulta inxusto que paguen o mesmo. Pois a Jesús Veiga doulle a risa, "jajaja, pois vaia, esquecímonos, jajajaj". Así se toma o goberno o novo alcalde: a risa. E así lle loce.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Aunque el comentario no se ajusta a la noticia, me parece bien lo de la ORA, pero ¿para los vecinos habrá aparcamiento gratuito o tendremos que pagar como cualquier turista?

PL-Y dijo...

En este momento no se sabe cómo va a ser el procedimiento para regular y cobrar el aparcamiento en la playa Grande. En principio, por las informaciones que nos han llegado del concello (aún provisionales), parece que el pago sería para todos los usuarios, independientemente de su residencia. No se ha informado tampoco de tarifas ni horarios, y suponemos que esto se fijará durante el invierno para implantar la ORA en 2014. Desde luego esperamos que se cuente con la opinión de nuestro grupo y de los vecinos de Miño.
El PSOE condicionará su apoyo a esta medida a que se reserven plazas gratuitas (o bonificadas) para los vecinos, que en definitiva son los que financian los servicios de la playa (agua, limpieza, recogida de basuras, etc)

Unknown dijo...

Yo no pido que se reserven plazas. En mi opinión bastaría con tener una tarjeta como la que teníamos en pasados años, y que esa tarjeta equivalga al ticket de pago.

PL-Y dijo...

Tienes razón, puede haber diferentes soluciones para el aparcamiento de los vecinos, y dependerán del tipo de cobro (por un operario, a través de parquímetros...), de los precios y horarios que se apliquen, las zonas en que se limite el aparcamiento, etc.