domingo, 28 de abril de 2013

UN TRIUNFO DA POLITICA


Nos últimos tempos estáse a falar da inutilidade da política e das instituicións para encarar e solucionar os graves problemas causados por esta crise que nos está asolando.

Movementos de disitintos tipos proliferan dando notoriedade a conflictos como os desafiuzamentos, as preferentes, etc., facendo unha importante labor nese sentido, e lembrando a certos políticos cales son as demandas reais dos cidadáns. Manifestacións, recollida de firmas, peches, escraches... tratan de levar ás noticias dos medios as que son as verdadeiras noticias para os españois.

Sen embargo isto, con ser importante, non chega a ser suficiente para cambiar as normas que nos están a asfixiar, xa que chocan cun goberno que aproveita as circunstancias para levar a cabo o seu programa oculto, e cunhas institucións que se rexen por maiorías conservadoras.Acabamos de ver, hai uns días, como o PP desmontou unha Iniciativa Lexislativa Popular, avalada por 1.402.854 firmas usando o rodillo da súa maioría para descafeinala e facela á súa conveniencia, que non é precisamente a dos milleiros de afectados por esta lacra social:


http://www.diariocritico.com/nacional/congreso/partido-popular/debate/desahucios/ilp/432383

Por riba do descontento social, cada día maior, están as leis, e, sobre todo, como estamos a comprobar, as que nos dicta Europa. E un compañeiro socialista, e ademáis betanceiro, é o ponente e encabeza as negociacións para aprobar unha nova lexislación europea que pode non só cambiar as condicións hipotecarias e evitar que se repita unha crise derivada dos riscos creados pola irresponsabilidade neste mercado, senon que tamén vai obligar aos gobernos conservadores como o de Rajoy a aplicar si ou si esta nova directiva:


http://www.psdeg-psoe.com/2013/04/26/sanchez-presedo-ponente-da-directiva-hipotecaria-que-contribuira-a-reactivar-a-economia-en-moitos-estados-membros-e-evitara-que-se-volva-producir-unha-crise-derivada-dos-riscos-creados-pola-irresponsa/

Dous anos de traballo arduo e constante, de negociacións cos partidos representados no Parlamento Europeo poden ver agora o seu froito e cambiar, de verdade, o futuro. Un triunfo da política entendida como medio para mellorar a vida dos cidadáns (¿pode ser entendida doutro xeito?) e que da resultados reais, tanxibles.



A nosa felicitación a Antolín Sánchez Presedo e aos demáis compañeiros eurodeputados polo seu traballo calado, que ás veces non recoñecemos en toda a importancia que ten, e un aviso a eses españois desencantados da política, euroescépticos e mesmo eurofóbicos que queren saír da crise vadeando, ou agardando a chegada un profeta que arrastre ás masas: sede realistas, valorade os resultados, votade nas eleccións. Ninguén vai vir cunha variña máxica para amañar todo cun xesto.

Pódese. Podemos.


No hay comentarios: