miércoles, 17 de abril de 2013

PLENO ORDINARIO DE ABRIL

No pleno do 1 de febreiro o novo alcalde cambióu a data dos plenos ordinarios, do terceiro sábado ao terceiro martes dos meses pares. Así que este martes, 16 de abril, tivo lugar o pleno ordinario correspondente ao mes de abril.

No orde do día o goberno local dou conta da liquidación do orzamento de 2012, aínda que sen permitir outra cousa que a explicación dos datos por parte do interventor municipal. Non se convocou comisión de contas previa ao pleno para explicar a liquidación, nen houbo resposta dos responsables políticos sobre unhas cifras que seguen a ser malas, nen moito menos se autorizou o debate coa oposición. O alcalde impediu que os cidadáns coñezan cómo e por qué as contas de Miño son ruinosas ano tras ano.

Sen embargo o grupo municipal socialista sí que pensa que se debe dar conta do estado das arcas municipais, resultado dunha xestión económica desastrosa.


O remanente de tesourería segue a ser negativo, cun valor de -585.244,51 € euros, o que conleva unha situación de "iliquidez", en palabras do informe da intervención. Neste mesmo informe se recomenda tomar medidas para atallar a situación: -disminuir o gasto -aumentar os ingresos -facer un orzamento para este ano cun superávit inicial superior a esos 585.000 euros Estas recomendacións xa se fixeron hai exactamente un ano, na liquidación do 2011,e parece que o goberno local non as tomou moi en serio; estamos a ver que non se amañóu o grave problema económico do concello. De feito a mediados de abril o PP nen sequera ten presentado o orzamento para 2013, a pesar de contar con maioría suficiente para aprobalo.


O endebedamento segue a ser moi elevado, uns 4.000.000 € (3,8 millóns que se deben aos bancos, e 200.000 € ao Goberno Central), con algúns créditos que se deben devolver ás entidades financieras en 24 anos. Estas débedas para nós, os nosos fillos e os nosos netos, son a consecuencia de anos desprezo polas recomendacións da oposición e mesmo das advertencias dos técnicos de intervención, e da afición por facer obras megalómanas que agora temos que manter e amañar (como o aparcamento de Raxel, ou as beirarrúas desfeitas do "bulevar") e que ademáis agora condicionan o futuro desenvolvemento do pobo, limitando novas inversións máis productivas.

Manuel Vázquez Faraldo, o noso portavoz, lembrou no pleno que faltan por recoller nas contas municipais os pagos pendentes do caso Piñeiro (devolución de 3.000.000 €, intereses de ata 1.500.000 €) e as posibles responsabilidades no caso Fadesa.

Ésta é a herencia que nos deixarán os gobernos do Partido Popular de Miño.Sen embargo o alcalde pretende facer crer aos miñenses que non é necesario falar das contas, cando é a pésima xestión que levan facendo nos últimos anos a que fai que se eleven as taxas (como a do lixo, que estamos a pagar estes días cunha suba do 53%), que se diminúan os servizos e que non se poidan emprender outras iniciativas máis necesarias nestes tempos de crise.


Por outro lado, os concelleiros socialistas presentaron dúas mocións, ámbalas dúas aprobadas por unanimidade, rogos e preguntas.

Respecto aos rogos, o goberno comprometeuse a facer as xestións necesarias, directamente ou ben a través da Demarcación de Costas ou a de Estradas, para que sexan amañados.

Á pregunta sobre o transporte ao Centro de Saúde, que non é accesible para persoas con mobilidade reducida, a resposta foi que en menos dun mes poderemos contar xa cun servizo totalmente adaptado para todos os usuarios. Ogallá se cumpla esta promesa, para permitir que todos os veciños poidan utilizar este servizo. 

E, o terceiro martes de xuño, de novo pleno ordinario no concello. Aquí estamos para recoller as queixas, suxestións e demandas dos miñenses, e tamén as críticas que poidamos merecer. Podedes envialas ao noso correo mino@psdeg-psoe.org

ou en correo ordinario á nosa sede, en Galea, 7 - Baixo Dereita 15630 (Miño)

Para iso estamos.


No hay comentarios: