viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA DAS MULLERES


O portavoz socialista, Manuel Vázquez Faraldo, e o alcalde Jesús Veiga, asinando a declaración conxunta dos dous grupos municipales




O grupo municipal do PSdeG-PSOE asinou, xunto co grupo popular, unha declaración institucional conxunta con motivo do Día das Mulleres. Con este xesto os concelleiros socialistas queren mostrar a súa decidida vontade de loitar pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, pero tamén a súa capacidade para traballar en conxunto polo ben dos cidadáns.







A nosa sociedade non sería a que é se non fose polo traballo e o pulo das mulleres, e non sairá da crise que estamos a vivir se non conta con elas. Por iso é máis importante que nunca acadar a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade no fogar e fora de el para todos. E para todas.



No hay comentarios: