lunes, 29 de octubre de 2012

PLENO ORDINARIO DE OUTUBRO

O pasado 20 de outubro tivo lugar o pleno ordinario do concello, no que os concelleiros socialistas presentaron os seguintes rogos:



Tamén, e dentro dos asuntos da orde do día, o PP votou en contra da emenda do PSOE para aplicar bonificacions ás familias con dificultades nos pagos das ordenanzas fiscais para 2012. O argumento do alcalde foi que axudar aos veciños a pagar as taxas nestes tempos de crise "provocaría problemas de xestión" e que "se ustedes coñecen casos de necesidade que acudan aos servizos sociais". Ou sexa, cambiar os dereitos pola caridade.

Os socialistas lamentaron que por erro da tramitación no concello non sexa posible investirr parte dos cartos do plan DTC da Deputación para acondicionar o aparcamento no campo de fútbol de Gallamonte, pero xa que os máis de 200.000 € deste plan irán destinados a gasto corrente, se faga igualmente o aparcamento cos cartos que se aforran neste.

E, por último, o goberno local tivo que admitir que o aparcamento subterráneo de Raxel estivo sendo usado durante catro anos sen ter ningunha medida de protección contra incendios...¡e ninguén se decatara ata a denuncia do PSOE ante a Fiscalía!

Así que, por fin, decidiron e ordenaron que hai que instalar as bocas de incendios e extintores que marca a lei para a seguridade das persoas e os vehículos que alí se gardan. Pero segue sen aclararse quén é o responsable de ter pagado esta desfeita de obra que tanto costou e que evidentemente non cumple cos mínimos niveis de calidade, e que mesmo puxo en grave risco aos usuarios.

Agardemos que as investigacións da Fiscalía atopen aos responsables e consigan que o pobo recupere os centos de miles de euros que se pagaron de mais. E que isto sirva para que a partir de agora se pense ben cómo e en qué se gasta o diñeiro público.


No hay comentarios: