martes, 16 de octubre de 2012

A POLÍTICA REAL E A IMPORTANCIA DO VOTO

Dentro dos actos desta campaña das eleccións autonómicas que estamos a vivir, o xoves 11 tivemos en Miño a oportunidade de escoitar a políticos dos que non crean desapego nen desencanto, a persoas que traballan as 24 horas do día para servir aos seus veciños e, sobre todo, compañeiros socialistas que aplican políticas progresistas nos seus concellos.

Son catro alcaldes do PSOE de pobos veciños, mais ou menos pequenos todos eles, e que explicaron como en plena crise é posible dar axudas para as familias sen recursos, continuar pagando libros de texto aos nenos que os precisan e non deber cartos a ninguén.

César Longo (Paderne), Alejandra Pérez Máquez (Bergondo), Manuel Meizoso (A Capela) e Valentín González Formoso (As Pontes) puxéronse á disposición dos numerosos miñenses que querían coñecer de primeira man as súas actuacións na política local, a maís cercana aos cidadáns, desmontando esa teoría de que as ideas socialistas son unha desventaxa á hora de amañar asuntos económicos

E deixaron ben clariño que non todos son iguais, que non da o mesmo votar por uns ou por outros. Que a crise é precisamente o momento da (boa) política. E é importante resaltar isto, que parece unha obviedade, cando levamos máis de tres anos e medio de goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.

O 3 de marzo de 2009, recén celebradas as eleccións nas que o PP acadou a responsabilidade do goberno, desexábamos sinceiramente desde este mesmo blog que o fixese ben, porque o que é bo para Galicia e para os galegos, é tamén bo para nós:

http://psoemino.blogspot.com.es/2009_03_01_archive.html


Pero hoxe, sen chegar a agotar os catro anos que lles foron dados para rexer os destinos dos 2.795.000 cidadáns que aquí viven, temos que lamentar que o presidente Feijoo, agás de desmontar metódicamente todas e cada unha das medidas logradas polo goberno de Emilio Pérez Touriño (decreto do galego, gratuidade dos libros de texto, concurso eólico...) e de tratar de impoñer a fusión de Oza e Cesuras (con reparos legais e dubidosa utilidade) non fixo máis que empeorar a situación no noso país.

As cifras de desempregados, o desmantelamento industrial, a emigración que volta a ser o futuro dos mozos e mozas galegos, as caixas convertidas nun banco ruinoso, o peche de escolas e a falta de profesores, as listas de espera na sanidade que medran por moito que as queiran maquillar... o balance de aquel famoso contrato con Galicia e ben triste.

O vindeiro domingo temos de novo a oportunidade de elexir o noso futuro, e de escoller de qué xeito saímos da crise. Recortando no imprescindible ou no menos importante. Conservando os dereitos que tantos anos e esforzo costaron ou deixando que a dereita os elimine. Mirando cara ao futuro ou voltando aos anos sesenta. Votando ao PSdeG-PSOE, a Pachi Vázquez, ou mantendo no poder a un PP que só agarda gañar para aplicar todos os recortes que agora nega.

Porque se trata, outra vez, de usar a forza do voto para decidir.

GALICIA DECIDE

VOTA PSdeG-PSOE

VOTA PACHI VÁZQUEZ


No hay comentarios: