martes, 18 de diciembre de 2012

PLENO DE DECEMBRO

O pasado sábado tivo lugar o pleno ordinario de decembro, no que debido á recente dimisión do concelleiro do PP Ignacio Vila e á espera de que se  incorpore o seguinte da lista popular, había tantos ediles do PSOE como do PP, ou sexa seis. En todo caso, co voto de calidade do alcalde os populares conservan a maioría.

A maiores de aprobar o Plan de Obras e Servizos da Deputación para o ano 2013, que inclúe cinco obras (ampliación dun camiño en Sombreu, cuneta de hormigón en Galfarro-Perbes, rebacheo dun camiño en Sambollo, ampliación do camiño de Os Barrios-Bemantes e pavimentación dun tramo de camiño en Bollo) que xa estaba na orde do día, o grupo socialista presentóu tres mocións e varios rogos e preguntas.

Sorprendentemente o goberno local manifestouse a favor das mocións, e mesmo retirou unha que iban presentar referente aos desafiuzamentos por ser similar á dos socialistas, votando si a esta e prometendo considerar a do cambio da taxa do lixo en Sombreu e Ponte do Porco. Quedou en suspenso a votación da moción do PSOE que pedía a eliminación das taxas xudiciais para as persoas físicas porque, segundo o teniente de alcalde Jesús Veiga "Alfonso Rueda dixo que a lei entraría nunha fase de diálogo e debate coas partes implicadas", e que polo visto o conflito quedará así solucionado... veremos.
O caso é que o grupo de goberno comprometeuse a buscar unha solución á inxustiza que padecen os veciños de Ponte do Porco e Sombreu no seu recibo do lixo, situación da que parece que non tiñan información a pesar de levar mais de trinta anos gobernando en Miño. Veremos tamén cando e como desfán  o agravio.

Moción sobre as taxas xudiciais
Moción sobre desafiuzamentos
Moción da taxa do lixo en Sombreu e Ponte do Porco

No que atinxe aos rogos, e posto que os concelleiros socialistas entregan o escrito explicándoos dous días antes do pleno, o goberno municipal, tan eficiente, xa dera aviso para que foran amañados. Ben está se por fin arranxan os desperfectos que imos atopando, aínda que haxa que avisalos pleno a pleno!

Rogos do pleno de decembro

E, por fin, nas preguntas, custou máis dunha interpelación que a concelleira de Facenda informase de que a Deputación cobre un 5% do recadado por cobrar os tributos do concello. Por fin funciona xa o saneamento en Andel e, cando o portavoz do PSOE Manuel Vázquez Faraldo preguntóu pola tramitación iniciada de tres modificacións puntuais do PXOM e polo motivo polo que non se informou á oposición e mesmo se despreza o ofrecemento de colaboración neste asunto, o señor Veiga Sabín respostou entre gargalladas que en Miño "non gobernamos en coalición, gobernamos nós e facemos o que queremos". En fin, así nos vai.

Preguntas do pleno de decembro

En febreiro, como sempre o terceiro sábado do mes, novo pleno ordinario. Os concelleiros socialistas seguirán a recoller as queixas e suxestións dos cidadáns de Miño para, entre todos, mellorar o noso pobo.

No hay comentarios: