lunes, 30 de diciembre de 2013

PLENO DE DECEMBRO: ORDINARIO





O 17 de decembro houbo pleno ordinario. Tamén podemos calificalo de común, corriente, frecuente, habitual, normal, usual, porque todo iso foi o pleno. Sen lugar a sorpresas agradables, seguimos agardando que o equipo de goberno dea explicacións se non convincentes polo menos traballadas. O señor alcalde parece considerar que nas súas obligacións non se atopa escoitar a ninguén, e moito menos dar resposta ás preguntas da oposición no pleno.

O grupo socialista presentou unha moción rexeitando a anunciada suba do canon do tratamento do lixo por parte de Sogama, que engadida ao 53% que o concello incrementou a taxa o pasado ano levará a que os veciños de Miño paguen recibos escandalosos mentres sufren os recortes dos gobernos estatal e autonómico e a crise xeral.

2013-12-17 Moción Suba Tratamento Lixo Sogama

A maioría dos concellos, mesmo algúns do Partido Popular, estanse a mobilizar para evitar que a Xunta de Galicia traslade aos cidadans a suba, pero en Miño a cousa cambia. O señor Veiga Sabín non foi quen de debater por qué está de acordo cunha medida que vai afogar aínda mais a economía dos miñenses para que Sogama teña beneficios, co argumento (?¿?¿?) de que xa a FEGAMP fará algo. Pero el non fai nada, e mesmo rexeita a proposta de que todos os concelleiros, goberno e oposición de xeito unánime, dean forza a esas protestas da FEGAMP. O normal no señor alcalde.

Os concelleiros socialistas tamén pediron que se varíe a orientación da nova farola colocada ¡por fin! no cruce de A Carreira coa Estrada da Praia, e parece que se vai facer. Pero o chamativo foi que Veiga Sabín contou que o farol xemelgo que se atopaba na beirarrúa de enfrente se quitou porque "non pintaba nada alí" e que estaba "gardado en Gallamonde". O habitual no caso da Carreira, no que faltan cartos e sobran bolardos e ninguén sabe por qué.

2013-12-17 Rogo

2013-12-17 Preguntas

E claro, o usual e frecuente cando os socialistas fan preguntas, tampouco o alcalde deu resposta. Por exemplo, seguimos sen saber se o concello tiña todos os permisos necesarios para limpar de xeito tan drástico o talude ao lado da baixada ao Porto de Miño. Iso sí, asegurou que non vai caer nada de nada de terra ao mar, e nós agardamos que acerte.

Non sabe dar unha data para a prometida adhesión efectiva ao Sistema de Transporte Metropolitano, unha medida pedida polo grupo socialista dende 2008 e que facilitaría o traballo e os estudos a moitos veciños. Lembra que en xaneiro de 2013 anunciou a bombo e platillos que sería no verán, e logo no outono, e agora xa non sabe mais. Grande xestor e mellor informador.

Peor aínda é o asunto do obradoiro de emprego, unha petición que os concelleiros socialistas apoiaron cando o goberno local a propuxo. Resulta que en Miño hai 508 parados, e o obradoiro podía vir aliviar a situación para algúns, e de feito había moito interés no asunto. Resulta que o señor alcalde non foi quen de conseguir que a Consellería lle concedese o Obradoiro, e non é quen de recoñecelo. Só atinou a decir que non tiña resposta escrita, e que "supoñía" que o obradoiro fora denegado. Valente e dando a cara polos veciños, si señor.

¿Orzamentos? Veiga non sabe se os haberá, supón que pode ser que a primeiros de ano...

Se se lle piden contas das xestión que se están a facer no caso Piñeiro -unha urbanización proxectada con mais de 700 vivendas e chea de líos legales e na que o goberno local trata de axudar ás constructoras a esquivar o Plan de Ordenación do Litoral (POL) que entrará en vigor en febreiro de 2014- o alcalde di que se hai algo que contar xa o contará. A que si contou foi a secretaria do concello, que non puido calar e afirmou que o convenio asinado coas empresas "es provisional, no definitivo" e que decaerá ao aplicarse o POL, Ou sexa, que podemos agardar as reclamación patrimonias das empresas contra o concello. O de grande xestor xa o dixemos, ¿verdade?

E finalmente, cando o portavoz do PSOE, Manuel Vázquez Faraldo, preguntou qué se fixera ou que se ía facer ante o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que rexeitaba o imaxinativo xeito de cumplir a sentenza que anulaba a adxudicación a Fadesa da urbanización en Perbes-San Xoan (asinar un novo contrato), Jesús Veiga Sabín, o mesmo que é alcalde de Miño dende xaneiro de 2013 e foi teniente de alcalde prácticamente os trinta anos anteriores, dou a resposta mais ordinaria. Pero esta vez, ordinaria como sinónimo de burda, soez, tosca e zafia.

E non é unha esaxeración. Calquera dos numerosos asistentes ao pleno poderá compartir con nós ese calificativo, porque o señor alcalde, en vez de recoñecer que non sabe qué facer, ou aceptar a colaboración que tantas veces se lle leva ofrecido dende a oposición, saeu coa chulería de preguntar el. Si, con sorna a desfachatez retou a Faraldo e preguntou: "¿Usted qué haría?".

A contestación, a normal: Se eu estivese no seu lugar, señor Veiga, eu non tería tomado posesión como alcalde e tería dimitido como teniente de alcalde e concelleiro hai moitos anos.

Así que parece que o señor alcalde de Miño e o seu grupo non saben, non contestan e non gobernan. O ordinario, o normal, o corriente, o frecuente e o habitual.


No hay comentarios: