domingo, 20 de septiembre de 2009

QUÉ LLE PASA AO ALCALDE?

Hoxe levantámonos cunha "noticia" no xornal (o das comillas é porque en sí isto non é unha nova, senon outra máis das iniciativas delirantes de J.Maceiras, que polo visto e lido convoca unha rolda de prensa para lerlle aos xornalistas un texto nazi) que nos provoca lástima e preocupación.

Lástima pola patética actuación de Maceiras tratando desesperadamente de ocultar á opinión pública (principalmente a de fora -Betanzos e Coruña-, que é a que lle importa; a de Miño dalle igual, aquí non disimula quén é) a debacle á que ten levado, coa inestimable axuda eso sí dos outros sete ceros que o rodean e lle rinden pleitesía, as contas do concello.

O mesmo feito de que o Tribunal de Contas abrise dilixencias previas ante a nosa denuncia demostra que a documentación aportada (a pesar das maniobras do concello para retrasala e maquillala) aporta indicios de malas prácticas na xestión económica e financieira.

Pero é que ademáis, se o sr. Maceiras cre de verdade que non hai nada que ocultar... por qué movilizou o PP no Parlamento de Galicia antonte venres para que lle axudasen a evitar que o Consello de Contas fiscalice as contas municipais, votando en contra da iniciativa de catro deputados do PSdeG nese sentido?
¿É que ten medo do que se poida atopar? ¿Por iso está tan tan nervioso e fai estas cousas estrafalarias? ¿Ou segue a doctrina Camps-Bárcenas-Cospedal de botar balóns fora cando as evidencias son tan aplastantes?

Lástima tamén polas lamentables condicións nas que ten que traballar para Miño J.Maceiras (e queremos supoñer que tamén os seus concelleiros e asesores; pero diso non dixo nada, así que pensen vostedes o que queiran): NON TEN VISA ORO!!!!!!!!!!
Deplorable e escandaloso. Veciños de Miño, cómo podemos permitir unha situación así, fagamos xa unha colecta popular para enmendar (non leron mal, non quixemos decir enmerdar, iso xa o fai el) as condicions de traballo do alcalde.

Bueno, tamén sentimos preocupación e moita. Moito nos tememos que estes delirios e pesadelos que atacan ao PP de Miño non son máis que indicio dun estado de nerviosismo que resulta pésimo para a saúde. Por favor, non se deixen levar pola furia, paseen, falen cos veciños, sentense nos parques e disfruten da paisaxe do noso pobo... ah, non, que vostedes non viven en Miño, e se viven non se codean cos demáis...

Velaí o enlace. É en serio, de verdade que non é unha montaxe dun bromista. Maceiras en estado puro:


http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/09/20/0003_7983471.htm


Lástima, non pensan?

7 comentarios:

Desde fuera de Miño dijo...

Si no me equivoco el Sr. Maceiras es médico, por lo que dado su nivel de estudios me sorprende tan mala educación y falta de respeto a los demás. Yo no he visto ningún insulto por parte del Psoe de Miño en la prensa.

Casino en el Concello dijo...

Si el alcalde lo que quería eran buenas noticias, tuvo una oportunidad de oro para darlas en la rueda de prensa que convocó en vez de difamar. Pero parece que prefiere esto último ya que no tiene nada que ofrecer, salvo bronca y malos modos. Así empezó su carrera política en Miño, insultando uno por uno a los que ahora le lamen el cu..

Independiente dijo...

Aínda que non votei o PSOE, estou de acordo con poñer enriba da mesa o que pasa no Concello, pois por primeira vez, despois de levar tempo mentindo, o alcalde recoñece que o Concello está moi endebedado. Él é o responsable de aclarar qué medidas vai tomar polo ben dos veciños. Menos mal que hai alguén na oposición que nos conta algo porque o resto dos partidos non din nada. Gustaríame saber cal é a súa posición.

Angus dijo...

Só o ver a que tipo de letura se adica este home xa o di todo.
Cicais outro dia nos sorprenda con algún pasaxe de Mein Kämpf.
Sen dubida moito debeu aprender desta literatura, pero iso debeulle levar a esquecerse de que estamos en democracia e as cousas funcionan de forma totalmente diferente a que el desexaría.

FORZA E HONRA.

ATE A VITORIA SEMPRE.

Que vaia ao medico dijo...

Por favor, si alguén ten trato co alcalde que lle pida que non siga con esas lecturas pois polo que se ve fanlle mal na cabeza. Vai desbarrando cada día mais. Chega a crerse os seus propios delirios.

Anónimo dijo...

Que os socialistas non insultan???? jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja que me vai mal jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

los corruptos:
El tema de la corrupción sube como la espuma y cada día que pasa, resulta mas interesante conocer sus entresijos para saber hasta donde pueden llegar estos peligrosos e indecentes chorizos, que se hacen llamar politícos y que lo que pretenden es " iluminarnos" con sus promesas.
La tentación de estos individuos-politicos-corruptos, es conseguir que las urnas laven sus fechorias en la creencia de que sus electores sabrán entender que más vale la victoria de un delincuente que la de unadversario por muy honesto que este sea.