martes, 24 de febrero de 2009

¡É QUE GUERRA É MOITO GUERRA!



Para unha persoa de esquerdas a figura de Alfonso Guerra é un referente. Non se pode perder a oportunidade de escoitalo en directo, e unha das ventaxas de esta campaña electoral foi que nos trouxo a Guerra hasta Arteixo, e aló fomos algúns. A ver, escoitar e aprender.

O centro cívico estaba a reventar, de público que parecían fans dun persoeiro popular (é dicir, moi coñecido, non do PP, jajaja), cantante ou actor.
Por suposto, non nos defraudou. Durante casi unha hora estivo a disertar, entre bromas e veras, sobre as eleccións, a campaña (bois e vacas, ou vacos e vacas, xa sabedes de qué falou) pero sobre todo do que significa ser socialista, de cómo naceu o socialismo en España e da necesidade imperiosa de aplicar as políticas socialistas nesta crise á que nos abocaron as ideas neocon e ultraliberales da dereita no mundo. E tamén, non o esquezamos, en España. Que non o esquezan tampouco eses que agora nos van traer a solución en 100 días, que foron os mesmos que nos trouxeron esas ideas "paleocon".

Deixóvos unhas palabras de Alfonso Guerra que resumen o que é o socialismo, e que creo que son unha boa guía para a vida:

“ser socialista es querer que no haya nadie que tenga tanto como para poder poner de rodillas a nadie y que no haya nadie que tenga tan poco que se vea obligado a tener que ponerse de rodillas ante otro”


Casi nada.

Seguiremos loitando por iso, despóis de 130 anos de PSOE. E os que quedan.

Saúdos.

No hay comentarios: