miércoles, 4 de junio de 2008

MIÑO NO PAIS DAS MARABILLAS

Hoxe queremos comentar as últimas (tememos que non derradeiras...) novas con que nos obsequia o goberno municipal. Dende un polígono industrial (que iba a crear 5000 postos de traballo, Maceiras dixit) que se convirte en tres parques temáticos a unha estatua dun golfista (non estades a leer mal, dixo golfista e non golfo) na entrada de Miño. Agora é que en Costa Miño van ter colexio con 10.000 metros cadrados de terreo (no Castro Baxoi hai problemas de espacio e o concello da largas para a ampliación), gardería, centro xeriátrico...
Mentres, os veciños de Perbes e San Xoan non poden acceder ao ADSL pola falta de apoio do concello; no casco urbán vívese en estado de posguerra polo estado xeral de rúas e beirarrúas; o comercio local está perxudicado polas obras sen fin...
O sr. Maceiras, e no seu nome o sr. Herva, saen na prensa contando día si e día tamén as marabillas nas que vivimos sen decatarnos. En concreto en La Opinión parecen ter ultimamente unha sección fixa para glosar o ben que o fan, apoiados nos comentarios da edición on line por Anónimo2, que resulta ser un eco fiel das palabras do alcalde. Recomendamos a lectura dos comentarios desta persoaxe para ver o talante que gasta!
Pois se fose pouco todo esto, e para dar ás obras do "bulevar" un final axeitado ao desastre de organización e seguridade que foron éstas, o venres 6 de Xunio vaise cortar o tráfico todo o día dende o cruce ata a gasolinera...é dicir, na entrada do pobo, para asfaltar (por outra parte, por fin!). Os autobuses pararán na nacional á altura da gasolinera, co perigoso que resultará ter peóns nun tramo de estrada non preparado para eles, e recemos para que nesas horas non sexa necesario o paso de vehículos de emerxencia.
Eso sí, ninguén dubida que todo quedará bonitísimo. Que sexa incómodo, perigoso, caro, innecesario, a quén lle importa.
O vindeiro 24 (onomástica de San Xoan, curiosa elección de Juan Maceiras e Juan Herva) van inaugurar a plaza do parchís (qué vergoña entrar nun pobo e atopar algo así de primeira vista) e o flamante edificio do concello (máis de 700.000 euros que nos costou), parte da remodelación que sufre Miño por iniciativa dos delirios do alcalde. Pero á vez estanse a queixar de que non reciben subvencions dos gobernos socialistas de Deputación, Xunta e Estado. En fin, a tortilla virou dende que o sr. Maceiras entrou en Miño, pero iso non repercute nas axudas que recibe das institucions. Agora si, terá que presentar a documentación solicitada (ao mellor antes cos seus gobernando nin cubrían as solicitudes, quen sabe) como todo o mundo, cousa que non fai porque "no voy a hacer trabajar a los empleados en solicitudes si no me aseguran antes que las van a conceder" (!!!!!!!!!!!!!!)
Pero si fixo traballar aos funcionarios para rechazar unha axuda de 2.500 euros que ofrecía a Consellería de Presidencia para a contratación de dous auxiliares da policía local no verán. Será que lle sobran cartos...pois a repartir cos veciños, home!

No hay comentarios: