jueves, 4 de octubre de 2012

A CARREIRA: A DENUNCIA

En setembro do 2011, e tras anos denunciando tanto o innecesario dunha obra faraónica en tempos de crise como o deplorable estado en xeral da recen rematada “Remodelación da Carreira”(beirarrúas, mobiliario urbano, aparcadoiro e demais) o grupo municipal socialista decidiu revisar o expediente da citada obra.

Cando en decembro, por fin, lles foi permitido velo, os concelleiros do PSOE revisaron folla por folla as doce caixas de documentación, atopando diversos indicios de graves irregularidades. Ninguén no goberno municipal parecía compartir a nosa preocupación por estas, e de feito o tenente de alcalde Jesús Veiga Sabín asinou a recepción final e completa da obra, permitindo o pago do último e derradeiro pago. Sen embargo, e segundo detectaron os concelleiros socialistas, existe un importante desfase entre o pagado e o realmente executado nesta obra megalómana, innecesaria e que dificulta día a día a vida de veciños, comerciantes e visitantes.

Son evidentes as deficiencias no aparcamento, no que hai filtracións á vista de todos; faltan elementos pagados e non instalados, e a calidade dalgúns materiais non é a especificada no proxecto. O propio técnico municipal chegou a advertir das carencias no aparcamento, e de feito non se atreveu a autorizar a celebración dunha festa enriba del: non se sabe se aguantará o peso do camión-escenario dunha orquestra. 




















No pleno ordinario de febreiro os concelleiros socialistas avisaron destas irregularidades, explicándollas ao goberno do PP que aínda así ratificou a derradeira certificación da obra. De novo, culparon aos técnicos municipais aínda que foron apartados de todo este proceso, xa que o concello preferiu que fora a propia empresa adxudicataria a que contratase a dirección (e a vixilancia) da obra.

O PSOE continuou tratando de que Miño recupere os cartos pagados de mais. Solicitou de novo a explicación polo miúdo dos desfases que parecían existir, sen ter resposta ata o 4 de setembro de 2012 cando o goberno local anuncia na prensa a denuncia ante a Fiscalía “graves desviacións” no bulevar. Pero en realidade non había tal denuncia nin foi presentada ante a fiscalía. Nunha manobra sen explicación o alcalde envía por correo ao xulgado de Betanzos (onde non hai Fiscalía) o expediente por se atopan algo irregular, xa que segundo se afirma no escrito “esta alcaldía era absolutamente descoñecedora”.

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/09/04/mino-denuncia-fiscalia-graves-desviaciones-obra-bulevar/642649.html


O feito de que o desastre do mal chamado “bulevar” se sitúe na propia beirarrúa da casa consistorial, onde se supón traballan tanto o alcalde como o tenente de alcalde, non foi proba suficiente para que estes imaxinaran que a obra non estaba perfectamente rematada.

Así, mesmo debaixo do balcón do alcalde pódese atopar isto:
 que ven sendo un simple aro de acero inox, moito máis barato que os alcorques de forxa que estaban orzamentados. E ademáis, como se pode ver, pouco útiles.

A simple vista están tamén o camiño de Raxel, por debaixo do aparcamento subterráneo, que leva zahorra en vez de baldosa, ou os espazos para contenedores, que debían ser de granito e acero inox. en vez de adoquín, ou o tramo de A Galea que inicialmente entraba no proxecto e que logo desapareceu sen que menguasen os costes. Ou os bordillos, que teñen apenas 4 cm. de grosor cando segundo a memoria debían ser de 6 cm... e claro, agora rachan.  









En fin, que vista a neglixencia (por sermos benevolentes) do goberno municipal ante un pago improcedente duns 500.000 € os concelleiros do PSOE decidiron presentar unha denuncia (de verdade) ante a Fiscalía (auténtica) para que se depuren as responsabilidades que puidese haber, co fin de que se recuperen os cartos abonados indebidamente.

Así o recolleu a prensa:







Os posibles delitos que se poderían atopar neste escuro caso son os de fraude, prevaricación, malversación e suborno. Será un xuíz o que agora decida quen, e por qué, consentiu que Miño perda case 500.000 €; haberá que depurar as responsabilidades que houbese, tamén as políticas, para saber qué xestión dos cartos públicos permite pagos que parecen obviamente indebidos. E se isto é un caso illado ou hai mais. 

Nós seguimos a loitar para que o concello recupere eses cartos, que falta fan. E para que o goberno municipal entenda que deben velar única e exclusivamente polo interés xeral de Miño. 

No hay comentarios: