jueves, 29 de septiembre de 2011

CEN DÍAS E MÁIS DO MESMO

Transcurridos os cen primeiros días de goberno de Juan Maceiras nesta nova lexislatura, e a pesar do importante toque de atencion que lle deron os cidadáns o día 22 de maio, non podemos senon lamentar que a ¿política? que se está a facer en Miño sexa a mesma que nos últimos oito anos:

-Maceiras pretende amañar o longo litixio da urbanización do campo de golf -enguedellado despóis de dez anos de decisións erradas e sentenzas xudiciais contrarias que anularon o sistema de actuación, o pliego de cláusulas administrativas e a adxudicación a Fadesa- convalidando por obra e gracia dos votos apresurados dos concelleiros do PP todas estas anulacións. Así que o que era nulo agora é válido, sen escoitar aos afectados (expropiados, compradores, veciños en xeral) nen pensar de verdade nos intereses de Miño.

-O concello non foi quen de pechar unha feira do marisco que se instalóu tranquilamente en terreos públicos durante dez días, á vista de todo o mundo e sen contar nen aboar permisos nen licencias. Mentres, os hostaleiros do pobo teñen que pagar relixiosamente os elevados impostos e taxas aos que estamos sometidos en Miño, sen contar a cambio co servicio de calidade que merecemos.

-A pesar da enorme débeda das contas locais, da falta de plan de viabilidade, da alarmante baixada dos ingresos nun concello que baseaba o seu orzamento no urbanismo e non se preocupou nunca por favorecer a creación de emprego e do contexto de crise económica xeral en Miño a aplicación da austeridade feijoniana faise metendo nese pozo de cartos sen fondo que parece ser o "bulevar" 128.000 euros nunhas esculturas de delfíns e dous retretes.

-Por suposto, o PP segue decidido a facer a calquer precio (polo de agora, máis de 4 millóns de euros) a famosa plataforma do porto de Miño, negándose en cambio a amañar a rúa de entrada á zona portuaria, dragar e trasladar o almacén de piraguas.

-E os problemas de tódolos veráns (cheiros na depuradora e no alcantarillado, roubos, etc) seguen sen resolver.

Se temos que atopar algo positivo (¡algo haberá!) felicitámonos de ver, por fin, que se amaña a beirarrúa de baixada dende o cruce a rúa da Praia, unha obra que agardaba anos mentres era escenario de caídas e resbalóns pero que polo visto non era considerada pertinente polo goberno municipal. Claro que o retraso é difícil de explicar e máis difícil aínda de aceptar, pero benvida a beirarrúa de calquer xeito, os veciños agradecerán poder camiñar por ela con tranquilidade.

Así que para este viaxe non facían falta alforxas, para seguir facendo o mesmo non facía falta campaña electoral, promesas de fume nen presunta renovación "rigorosa". Cen días da lexislatura fora, cen días menos que quedan para votar e elexir un goberno municipal responsable... -

No hay comentarios: