sábado, 12 de marzo de 2011

FORO DE PEQUENOS CONCELLOS EN PERBES


Hoxe tivemos en Perbes, no local social de Xarío, un foro dos que está a facer o PSdeG por toda Galicia preparando a vindeira campaña municipal. Igualdade, benestar, urbanismo... os temas que nos preocupan aos socialistas son os que se van tratando e debatendo nestes foros participativos e abertos. A longa e positiva experiencia dos socialistas na política local nace de estar en contacto cos cidadáns, de vertebrar os nosos programas electorales recollendo cada día as necesidades dos veciños.


O de Perbes adicouse á política nos concellos pequenos. Piñor, Cedeira, Mesía, Portomarín, Curtis, (cos seus respectivos alcaldes, alcaldesa e candidato) e tamén Miño (co noso candidato Manuel Vázquez Farlado) protagonizaron o acto, aínda que nos acompañaron tamén compañeiros doutras localidades. Todos tivemos a oportunidade de escoitar experiencias de socialistas que traballan acotío moi pegadiños á rúa, en contacto cos veciños e aportando solucións aos problemas concretos das poboacións pequenas. Dende Miño, Manuel Vázquez Faraldo explicou a situación na que se atopa o noso concello, as expectativas que temos e as propostas que presentamos para o goberno local.

Abriron o acto Mar Barcón e Salvador Fernández Moreda; despóis Pablo García, secretario de organización do PSdeG, presentóu a ponencia do alcalde de Piñor, Francisco José Fraga Civeira, sobre os retos e desafíos do futuro nos concellos pequenos, na que comentóu iniciativas que leva a cabo en Piñor (1.500 habitantes) como o servicio de comida a domicilio, a lavandería para dependentes, autocompostaxe para reducir a cantidade de lixo producida, servicios de fisioterapia... e destacóu a necesidade de incorporar aos veciños e nomeadamente ás mulleres á participación activa na política municipal.
A continuación houbo unha mesa redonda moderada por Antonio Sánchez (candidato de Curtis) na que o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias nos dou unha lección de cómo xestionar os servicios sociais para unha poboación envellecida sen esquecer aos máis novos; Silvia Rodríguez, alcaldesa de Portomarín, mostrounos que fan para ampliar a tempada turística máis aló do atractivo indudable do camiño de Santiago; o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara falou do urbanismo responsable (¡moito hai que aprender en Miño sobre o tema!) e por fin Sonia Verdes, diputada e voceira de Medio Rural do grupo parlamentario socialista, fixo unha exposición das políticas socialistas para o rural durante o goberno de Touriño e agora dende a oposición.

O turno de preguntas abriu un animado debate no que o tema estrela, non podía ser doutro xeito estando en Miño, foron as políticas de urbanismo, os plans de ordenación do territorio (PXOM) e a necesidade de que todo esto se faga cunha sensibilidade ambiental que non esqueza o aspecto social e económico.

Non queremos rematar esta crónica moi resumida sen reiterar os agradecementos aos asistentes (público e intervintes), a Mar Barcón pola celebración do foro na nosa localidade e de forma especial á AAVV Xarío por cedernos amablemente o seu magnífico local.

4 comentarios:

Lolo dijo...

"Eu son Manolo Faraldo, o próximo alcalde de Miño" jajaja....facía moito tempo que non escoitaba un chiste tan bó......en vez do foro dos concellos pequeno foi o club da comedia jajaja.

palolo dijo...

loliño, e logo que se presenta, a presidente da Xunta? será alcalde se gana as eleccións, e non parece que aos teus lles dea a risa precisamente polo medo que están a pasar
por certo, ¿gustouche o foro? tiñas cara de envexa

Lolo dijo...

Non se vai presentar para presidente da Xunta??? Que mágoa.... sería un excelente candidato!!! jajaja seguimos no club da comedia....
A verdade moito non me gustou, a min gustame o debate, a contraposición de ideas, iso de darse fregas uns ós outros no me vai moito.
Recoñezo que temos un medo bárbaro, tamos tremendo do pedazo de candidato que escollestes, jajaja outro chiste, estou dun simpático que é empezar e sáeme un tras outro.
Por certo, como pensades chegar á xente se escapades dela?? Que o responda a xente que andivo repartindo no último boletin....

Lolo dijo...

Vexo que acertei no meu último comentario que non o publicáchedes....