lunes, 28 de marzo de 2011

8+8=16

Os pasados xogos olímpicos de Pekín foron inaugurados o 8 de agosto de 2008 (08/08/08) pola crenza chinesa sobre a boa sorte que da o número oito. Nós non somos supersticiosos nen chineses, pero agardamos que o número oito nos regale sorte o 22 de maio, porque na nosa candidatura para as vindeiras eleccións locais o oito marca a pauta: oito homes e oito mulleres, oito caras novas e oito xa coñecidas, oito militantes e oito independentes conforman a lista das persoas que pelexarán polo goberno do concello de Miño.

O candidato á alcaldía, Manuel V.Faraldo, presentóu á aprobación dos militantes as quince persoas que escolléu para acompañalo neste proxecto de futuro, ilusión e cambio. Renovación e experiencia, capacidade e responsabilidade. Un equipo preparado para devolverlle o poder ao pobo e o sentido común ao goberno municipal.

A 25 de marzo, a do PSOE é a única candidatura pechada, aprobada pola militancia e feita pública en Miño. Non temos nada que agachar, o mesmo que as nosas propostas que xa levamos un tempo explicando. O noso programa non vai ter promesas que non se poden cumplir nen proxectos megalómanos que ninguén demanda: só queremos mellorar de verdade a calidade de vida para os cidadáns, ofrecer un futuro para os nosos fillos, facer de Miño ademáis do lugar onde vives o lugar onde queres vivir. Nen maís nen menos.

Aquí están os oito máis oito, dezaseis persoas para cambiar Miño:


4 comentarios:

Matías dijo...

8+8 somos muchos más que 16.

Anónimo dijo...

8 independientes y 8 militantes socialistas....sólo hay 8 socialistas en el pueblo o es que el resto de militantes no valen para ir en una lista??? Craso error.....

Rodrigo dijo...

Ánimo a esos 8+8, el cambio es posible en nuestro pueblo.

nando cabana dijo...

Por desgracia8+8 no dieron 16,solo6.Pero lo bueno es que se va ganando posiciones,aun que no nos valgan para derrotar esta dictadura.Miño avanza y se nota que la gente empieza a ver la realidad,aunque queden unos pocos que hay que abrirles los ojos y asi haber si se culturizan sobre lo que es democracia y lo que es dictadura.Espero que el psoe de Miño les ayude,para que dentro de 4 años 8+8 nos dean los 13.Un saludo