miércoles, 5 de enero de 2011

ATENTADO EN BETANZOS: INDIGNADOS PERO NON ATEMORIZADOS

 PACHI VÁZQUEZ: ESTAMOS INDIGNADOS PERO NON ATEMORIZADOS POR ESTE TIPO DE ACTOS TERRORISTAS CONTRA AS NOSAS SEDES

Anunciou que "o primeiro día que as investigacións policiais o permitan, reconstruiremos a sede Betanzos para celebrar un acto cos militantes"
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que  “estamos indignados, pero nunca atemorizados, por este tipo de actos terroristas contra as nosas sedes” despois da explosión dun artefacto  a pasada noite na sede socialista de Betanzos  que causou numerosos danos materiais.

Vázquez, que esta mañá se desprazou a Betanzos, xunto co secretario de provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, para comprobar a magnitude dos danos,  trasladou o apoio e o compromiso do PSdeG aos compañeiros e compañeiras da agrupación  local.

“Somos un partido que cre no diálogo, a democracia e o respecto á liberdade como único camiño para defender as ideas”, afirmou o líder socialista, á vez que lembrou que  “en Galicia non hai espazo para a xente que usa a pólvora como instrumento de ameaza contra unha formación política”.

Lembrou que  “o PSdeG está sendo vítima dun goteo incesante e implacable de atentados terroristas e, por isto,  negámonos a falar de baixa intensidade, xa que o uso de dinamita e pólvora par atacar as nosas sedes pode causar en calquera momento danos persoais”.

Vázquez reclamoulle ás  forzas de seguridade do estado, ao poder xudicial e a fiscalía “que haxa resultados, que redobren o esforzo”, e esixiulle  “medidas concretas”  para que as  persoas que atentan contra o sistema democrático non queden impunes. Para elo,   recalcou que “teñen o apoio incondicional do PSdeG”.

Vázquez anunciou que “o primeiro día  que nolo permitan as investigacións policiais, reconstruiremos a nosa sede de Betanzos, e o segundo día faremos un acto cos compañeiros para demostrarlle aos que atentan contra nos que  o que queremos é  traballar por Galicia e que ninguén ten dereito a violentarnos”.





 Os socialistas de Miño non podemos senon facer nosas as palabras do secretario xeral dos socialistas de Galicia, e condenar sen paliativos estas mostras de irracionalidade e intolerancia. O noso apoio e solidaridade cos compañeiros de Betanzos e cos veciños afectados, para que sigan adiante cos seus proxectos para a súa cidade.

No hay comentarios: