sábado, 3 de julio de 2010

POIS SÍ, ESTÁ CHOVENDO

Seguramente aleccionados polo concello, os responsables da empresa de socorrismo na praia (que polo visto non ten nome) respóstanos que hai unha cadeira anfibia:

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/07/02/socorristas-mino-defienden-servicios-discapacitados/398721.html

cousa que ninguén dubidou, mesmo sae nas fotos da entrada anterior. Pero claro, cadeira haina, pero baixarana a pulso porque o que non había e segue sen haber é PASARELA para chegar á beiramar. Nen a cadeira anfibia nen con muletas, cariños ou dificultades no camiñar.

 Como sempre, unha saída de pata de banco para dispersar a atención; o señor empresario da empresa sen nome xa cumpliu coas súas obrigas de defender ao patrón, pero o servizo segue sen darse.
Ollo!

No hay comentarios: