Levamos xa quince días de tempada de verán, e a día de hoxe non hai por ningures pasarela de acceso de minusválidos que fai xa cinco anos se instalóu na praia Grande. Daquela ó alcalde enchíaselle a boca falando do novo servicio que ían prestar, cunhas muletas e unha cadeira de rodas anfibias e coa rampa que permitía que se chegase á beiramar aínda con limitacións para desplazarse:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/07/05/3875049.shtml
Claro que parece que este servicio era só unha maís das campañas de publicidade de fume ás que nos ten acostumados Juan Maceiras, porque a pesar de que fai anos se ven pedindo que se repoña a pasarela ésta segue sen aparecer.
Por outra banda quedámonos asombrados (da temeridade do alcalde e os seus acólitos) cando comprobamos que na páxina oficial da organización Blue Flag que otorga cada ano as Bandeiras Azuis a Praia Grande de Miño segue a ser publicitada como accesible para minusválidos:
http://www.blueflag.org/Menu/Blue+Flag+beaches%2fmarinas/2010/Northern+Hemisphere/Spain/Galicia
porque evidentemente isto é completamente falso e incerto. Non hai tal accesibilidade, cousa que non extraña se lembramos a pouca ou nula sensibilidade do alcalde ante as nosas reclamacións no mesmo sentido coa obra do bulevar e o aparcamento de Raxel.
En vista disto o pasado sábado levamos ao pleno unha moción solicitando que se repoña inmediatamente a rampa, pero o asombro convertiuse en estupor e vergoña allea cando o concelleiro Antonio Bernardo aseguróu sen mover unha pestaña que "la pasarela ya está puesta, vamos a pedir a Costas que la prolongue un poquito".
En fin, dubidando xa dos nosos propios ollos e das queixas dos usuarios levamos a cámara de fotos e supoñendo que se a nosa vista nos minte a tecnoloxía non puxémonos a buscar a famosa pasarela que "xa está posta". Esto foi o que atopamos:
Nada por aquí, nada por aló, non hai pasarela que chegue á beiramar. Nen corta nen longa.
Si que atopamos a cadeira anfibia, aparcada a carón da caseta de socorrismo como un reclamo publicitario:
Claro que se alguén a precisa non imaxinamos cómo poderá alcanzar a auga:
ou incluso chegar ata ela, porque o paseo está prácticamente enterrado na area. Ninguén se preocupóu polo visto por adecentar o paseo da praia Grande, nin de facilitar o paseo ou o acceso das persoas con movilidade limitada:
...será que a alcalde e concelleiros xa só lles importan as obras de máis calado -ou máis cartos- como o celebérrimo bulevar coas súas farolas de doce millóns de pesetas, ou de 72.000 euros (tanto da).
A quen lle interesa a praia, os turistas ou os beneficios económicos que estes poden deixar para os veciños?
A quen lle importaría perder a bandeira azul por asegurar algo que non existe? A quen lle doe que as persoas con movilidade limitada sexan castigados a non poder mollarse no mar?
Non ao goberno de Miño; non se molestan sequera en tratar de explicar a situación na que está Miño, limítanse a decir que chove. Pero cada vez somos máis os que sabemos que están mexando por nós.
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
miércoles, 30 de junio de 2010
...E TEMOS QUE DECIR QUE CHOVE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
O mesmo a prestaron aos da Cibeles e ainda non a devolveron.
Tamén pode ser que a perdera xogando o póker.
Pero que mais da, a quen lle importa que uns poucos cidadáns con minusvalía poidan mollarse na praia.
Iso e o que hai, cicais alo polo mes de Maio do 2011 volva a estar colocada a pasarela pra facilitar que os veciños acudan as urnas pra voltar a darlle votos a os de sempre.
Saudos.
Publicar un comentario