lunes, 14 de diciembre de 2009

ACCESIBILIDAD

Non é só unha palabra. Para moitas persoas representa a diferencia entre poder facer unha vida normal, entrar e saír, mercar, ir ao médico ou de compras... ou quedar sentado na casa vendo a vida pasar.

A sensibilidade de Maceiras&cía neste tema non pasa das boas palabras; falando dan todas as facilidades. Pero claro, con iso a xente non cruza as calles nen sube as rampas.

Á hora da verdade a cousa cambia bastante. Cando se trata de facer unha obra o que prima é o capricho do alcalde, non investir ben os cartos, facilitar a vida aos veciños ou cumplir a lei. Pois non, nengunha desas cousas.
Cartos: máis de cinco millóns de euros.
Para os veciños: trastornos sen fin, reducción das prazas de aparcamento, rúas estreitas que provocan atascos...
Cumplimento da lei: absolutamente nada. En Galicia temos a lei 8/1997 de Accesibilidade e Supresión das barreiras e o seu reglamento de execución e desarrollo (decreto 35/2000).

A proba, o noso informe técnico de algunhas desas irregularidades e incumplimentos. Co fácil que podería ser facer a obra como obriga a lei e como demandan as necesidades dos cidadáns. Co fácil que é escoitar aos veciños e as súas propostas.




Parece que para algúns é difícil non deixarse levar pola soberbia e a prepotencia, ainda que sexa a costa de deixar aillados na calzada aos veciños que precisan cadeira de rodas e despóis gastar os cartos de todos en arranxar os desperfectos nunha obra de apenas un ano.

Soberbia, prepotencia, desprezo polos veciños, arrogancia. Cualidades todas moi meritorias nun equipo de goberno, pero agardamos que sexan quen de aparcalas por uns días e recoñecer que meteron a pata. Modifiquen as beirarrúas, rampas, sinais e barandillas que son ilegales, e cumplan coa lei.

1 comentario:

Angus dijo...

Cada dia iste blog vai a mellor.
Sen dubida o traballo que está a facerse terá a sua recompensa.
Seguide así, que posiblemente dentro de ano e medio, as cousas tornen pra mellor, e o voso concello mude de cor.

FORZA E HONRA.

ATE A VITORIA SEMPRE.