Como hai crise económica e moita xente está a pasalo mal, hai escasez de cartos e pouco consumo, as cabezas pensantes do concello puxerónse a pensar en qué facer.
Non se lles pasóu polo maxín baixar ou conxelar as taxas, ofrecer descontos nas actividades ou ampliar as plazas do comedor escolar para que a xente poida traballar.
Non. Coma sempre, pensaron na crise, si, pero na súa propia, e para ter máis cartos nada mellor que recaudalos:
-"imos ver de sacarlle máis cartos aos veciños"
-"sí, pero cómo? xa teñen os impostos máis altos dos arredores, xa aforramos dando pouco servicio, mal e a rastras, e as constructoras non están polo labor de contruir o noso soño"
-"bo, pois inventamos algo, mesmo unha nova taxa"
E pensa pensa chegaron aos vados. Claro que en Miño non facían falta, sólo había problemas no verán.
Pero... era iso unha traba para os ceros pensantes? Non, se non había problema habería que crealo.
Dito e feito. Bulevar por aquí, nova pintura nas rúas por alá...Listo! Xa non hai sitio para aparcar en todo Miño, os coches montan polas beirarrúas e os veciños non poden sacar os coches dos garaxes.
-"ai, pero resulta que se poñemos vados e os cobramos teremos que ter grúa. Se temos grúa as 24 horas do día teremos que ter policía local día e noite"
-"pois que traballen o doble, que non se fagan os enfermos"
-"non, imos cobrar o vado pero sen grúa nen policía. Total os veciños son parvos e cando se decaten xa temos cobrado todo"
-"pois mira, tes razón. E ademáis para meterlles medo imos mandar unha carta certificada con acuse de recibo (que tamén costa cartos, pero total pagan eles, coma sempre) que insinúe que cometeron un delito para que veñan todos correndo a pagar o vado"
E polo que se ve, así se goberna en Miño. Os veciños son as víctimas, os peós que goberna o ser superior. E cuidadiño con disentir!
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
martes, 10 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Porque el Partido Socialista (PSOE) partido mayoritario de la oposición en el Ayuntamiento y alternativa real de gobierno no toma la delantera e informa por parroquias a los vecinos de este impuesto-tasa.
Nadie en el Ayuntamiento quiere dar explicaciones, de cuáles serán los derechos de los ciudadanos una vez pagada la correspondiente tasa-impuesto-licencia. Y los vecinos, muchos de ellos no saben que hacer y están esperando que alguien les informe de lo que está a suceder. Esto Lo digo con conocimiento de causa, pues fueron bastantes los vecinos con los que tuve la oportunidad de hablar sobre este tema y todos ellos mantienen lo expresado anteriormente. Están a la espera.
No dejéis para mañana, lo que se pueda hacer hoy. Es una sugerencia. La decisión es vuestra y solamente y de nadie más. Los votos y la confianza de los ciudadanos hay que ganarlos-convencerlos ahora, no cuando falten dos meses para las elecciones.
Publicar un comentario