domingo, 16 de noviembre de 2008

BENVID@S!


Hoxe temos unha boa nova para Miño en xeral e para os veciños progresistas en particular. O pasado venres tivo lugar a constitución da agrupación local das Xuventudes Socialistas de Miño, por primeira vez na historia da nosa vila. Un grupo de moz@s que se xuntaron para traballar polo cambio en Miño, para expresar qué pobo queren xa que serán eles os que o van vivir.


Para o acto visitaron a sede local (que dende agora será tamén a das Xuventudes) varios integrantes da executiva das XSG: a Secretaria Xeral Dolores Rodríguez Amoroso, a S. de Organización Tamara Canosa Ferrio, a S. de Formación en Comunicación María Torres Pose, a S. de Política Institucional Silvia Fraga Santos, e os portavoces comarcales nas Mariñas Betanceiras e en Ferrol Antonio Sánchez Espantoso e Ignacio Filgueiras, respectivamente.


A importancia que ten a existencia dunha nova agrupación de XSG en Miño ven reflexada na numerosa presencia da executiva nacional; sen dúbida é unha grande aposta de futuro, e queremos creer que tamén unha onda máis na marea de cambio que se adiviña no concello.


Dende a agrupación local do PSdeG-PSOE damos as gracias a Loli, Tamara, María, Silvia, Antonio e Ignacio pola súa presencia e o apoio nesta iniciativa, pero sobre todo a esos novos xóvenes socialistas que esperamos aporten ideas, críticas, traballo e ilusión a Casa do Pobo de Miño... que non fai falla engadir que é tamén a de todos vós. Unha cálida benvida e unha invitación a todo o que queira unirse a eles. Cada día somos máis e mellores, coa vosa axuda.


Son Alba (Secretaria Xeral), Urko (S. de Organización), Marina, Santiago e Mariana. E para que vaiades coñecendo as súas caras, eiquí queda a foto do momento (histórico para a nosa pequena historia socialista en Miño):


No hay comentarios: