O sábado 17 tivo lugar o pleno ordinario que correspondía ao mes de agosto, no que o grupo de goberno non presentóu moción ou proposta algunha... para eles o pleno e un engorroso trámite que hai que facer por obriga.
Para o grupo socialista, en cambio, os plenos da corporación son oportunidades de intercambiar opinións e propostas, de mostrar públicamente ante calquer cidadán que queira asistir o traballo que se pode -ou quere- facer dende o concello e sobre todo de demostrar que todos traballamos, ou así debería ser, polo ben de Miño. Así que presentamos unha moción e varios rogos e preguntas, que se poden consultar na sección "As nosas publicacións" á dereita.
O PP votóu en contra da nosa moción, na que se solicitaba a reconsideración da obra do porto de Miño, na que se van ¿investir? máis de 4,1 millons de euros, e que a cambio Portos de Galicia leve a cabo outras actuacións que sí serían de interés para mellorar as condicións de uso nas instalacións:
• Se manteñan o dragado previsto e a mellora dos pantaláns actuais.
• Se acometa a reparación do ribazo que soporta a estrada de baixada ao porto, por estar na zona de competencia de dito Organismo.
• Se traslade o actual almacén de piraguas para a zona portuaria, que facilite o acceso dos nenos ao mar en marea baixa.
Aínda que pareza incrible, a todo esto se opuxeron os concelleiros do PP. A explicación: que con esta plataforma se conseguiría "que as embarcacións tiveran acceso bastantes horas"... e non é un chiste, na acta do pleno se poderán comprobar as palabras do alcalde.
No que toca aos rogos, e como non podía ser doutro xeito pola evidencia da súa necesidade, o grupo de goberno prometéu amañar todas as deficiencias que sinalamos, e que eles parecen non ver . Agora haberá que comprobar se de verdade hai vontade ou só boas palabras!
Nas respostas das preguntas houbo momentos sorprendentes, como cando o concelleiro Veiga Sabín afirmóu que "a EDAR de A Ribeira non ten ningún problema" (!!!!!)... pero esta xente vive en Miño?
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
sábado, 17 de septiembre de 2011
O PRIMEIRO PLENO ORDINARIO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario