viernes, 12 de noviembre de 2010

SIN COMPLEXOS

Fai xa máis de tres anos que a interventora municipal pediu a realización ( e posterior aplicación á práctica) dun plan de reequilibrio orzamentario ante a delicada situación económica do concello. A interventora marchóu, chegóu un novo interventor e fixo o mesmo, non unha senon dúas veces. De todos é coñecido que a situación non só non melloróu senon que vai a peor, e que as expectativas son, lamentablemente, que siga así: non hai previsión de novos ingresos máis aló do sempre prometido por Maceiras canon de Piñeiro, que polo visto será a solución de todolos males de Miño.

O caso é que, aparte de que hai xa unha terceira interventora no concello (¿por qué será que duran tan pouco aquí?) non hai plan de reequilibrio, nen trazas de facelo. O único que se lle ocurre a Maceiras&cia é crear taxas e impostos (terrazas, vados, etc) e subir os que xa había:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/10/0003_8839414.htm

A noticia é breve, como breve foi o pleno. Para qué perder o tempo? O PP sube os impostos porque ten a maioría e porque lle da a gana. Enriba non vai ter que escoitar aos nosos concelleiros facer propostas alternativas a esta sangría para os veciños de Miño, que xa soportan unha presión fiscal moi superior á de concellos próximos.


A Maceiras só lle ven á cabeza elevar os ingresos municipales vía impostos. Hai outras formas de gobernar, incluso no escenario descalabrado das contas de Miño. Non falamos de vender ao peso as famosas farolas de 36.000 euros, aínda que non estaría mal.

Non ten considerado, quizá, baixar un pouco os gastos? Pensóu, tal vez, en apagar as luceciñas azuis (as poucas que alumean) do bulevar? Ou en reducir a factura de teléfono dos seus concelleiros? Ou, máis directamente, en prescindir de persoal político de dudosa competencia visto o estado xurídico-económico-organizativo do concello?

Iso sí sería unha forma de reequilibrar as contas, porque Juan Maceiras, según lembramos, gañou as eleccións de 2003 facendo unha promesa de austeridade e bon goberno que convenceu a moitos:
claro que eran só promesas, tan incumplidas como casi todas as que fixo. En fin, que pronto decidiu que non había suficientes profesionais en nómina e que o de atoparse entre amigos no concello era outra cousa, así que o home tivo que poñerse a contratar, e xa postos fixoo ben:

REMUNERACIÓNS A MEMBROS DA CORPORACIÓN E PERSOAL DE CONFIANZA
SALARIO BRUTO ANUAL (Pleno de 26-06-10)

Cargos con dedicación exclusiva:
-Jesús Veiga Sabín 22.627,97 €
-Eva María Vilariño González 22.627,97 €

Persoal de confianza:
-Asesor Xurídico 30.000,00 €
-Asesor de Planificación 22.627,97 €
-Secretaria particular do alcalde 22.612,84 €

TOTAL SOLDOS 120.496,75 €

Falando en pesetas,  máis de VINTE MILLÓNS ó ano. Por suposto, hai que engadir os 428,21 € que cobra o alcalde por comisión ou por pleno, aínda que dure uns minutos como pasóu o luns -Maceiras convoca uns cinco ou seis- e os 74,22 que levan os concelleiros que asisten a eles (Antonio Bernardo, Francisco Rey e Antonio Cortizas) así que sumen vostedes.

En definitiva, que Maceiras e os seus ceros aplican ao seu xeito o de apretarse o cinto. Eles seguen a estar entre amigos, en confianza (xurídica e planificada) e con dous concelleiros de adicación exclusiva. Si señor, iso é o que chamamos non ter complexos e respetar a palabra dada.

No hay comentarios: