sábado, 7 de agosto de 2010

OUTRO DEBUXIÑO

...e van  non se sabe cantos. Para Maceiras non ten importancia a sentencia ¡do Supremo! no caso Fadesa, o "bulevar" está perfecto, as contas están saneadas e en Miño os problemas só os vemos os socialistas, que miramos con moi malos ollos as sentencias e a rúa. En fin. Na fuxida hacia diante que emprendeu en canto chegóu ao concello e que durante algún tempo serviu para tapar que en realidade non facía nada agás malgastar os cartos de todos e fabricar problemas en vez de resolvelos, o alcalde fíxose famoso por propor proxectos disparatados, inservibles e innecesarios. Eso sí, carísimos e modernísimos.

E non o decimos nós; fora de aquí tamén se oiron voces calificando a Maceiras e non precisamente de persoa sensata e honesta:

http://blogs.lavozdegalicia.es/javierarmesto/2009/05/24/que-alguien-pare-a-este-hombre/

pero para a nosa desgracia "este hombre" ten maioría no concello e non se pode parar, así que sigue gobernando Miño levando a cabo (?) o seu eslogan para o pobo:


MIÑO, UN SUEÑO POR CONSTRUIR

que consiste, esencialmente, en derrubar todo o posible, edificar o imposible e alicatar o resto. E como van achegándose as eleccións e feito, o que se di feito e en uso, non hai nada despóis de sete anos de anuncios irrealizables e maquillaxes imposibles da realidade (pista de vó libre, pista de karts, balneario de talasoterapia, porto deportivo, piscina con spa, parque temático 3 en 1, e seguro que esquecemos algúns máis) onte houbo no concello unha función de teatro con sketchs humorísticos:

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/08/07/xunta-licitara-ano-dragado-ampliacion-puerto-mino/408676.html

á que por certo non foron invitados os concelleiros do grupo socialista. Maceiras pretende, no seu xeito pokerístico de ver a vida e mesmo a política, sacar un as da manga e gañar a partida cun farol. Nada novo, por outra banda, como nada novo aporta ao seu estilo o proxecto:





¿non notan nada familiar? ¿non perceben o estilo cool do alcalde, moderno e chic?
¿seguro? miren outra vez: non hai árbores, nen verde, nen sombra. Nada. Supoñemos (non coñecemos o delirio máis que polo leído na prensa) que as persoas que pasean por el son tamén artificiales, modernas e de plástico. Veciños que non protestan polas carencias na vida diaria, que non tropezan nas alcantarillas defectuosas, que non esixen mais servizos. Veciños, en resumo, que cren os delirios de Maceiras, que pagan relixiosamente os impostos propios de gran cidade que padecemos en Miño e que votan ao lider que nos guía en dubidar polo camiño da modernidade a calquer precio. Neste caso, uns módicos 3,5 millóns de euros.

E algúen dirá, despóis dos 5,4 millóns do "bulevar" que non é tal, dos máis de 180.000 € por non facer a piscina, dos moitos millóns que nos pode costar Fadesa e tal vez Piñeiro... non sería mellor empezar a sanear as contas e darse conta de que estamos en bancarrota? Non sería preferible facer o que a xente demanda, que é dragar o porto (en seco por construilo nunha zona sen calado en sen contar coas correntes que enchen de lama a dársena) e o traslado do almacén de piraguas (en seco tamén polo afán de estragar xa entón o parque do porto), obras por certo anunciadas tamén con bombo e platillos polo goberno do PP e tamén fallidas por non contar co consenso dos veciños?

E sobre todo, hasta dónde nos van levar os delirios de Maceiras e a súa loca fuxida da realidade?

2 comentarios:

xoxe dijo...

A SORTE VOSA!!SOCIATAS DE BOQUILLA!!E QUE MACEIRAS TEN MAIORIA ABSOLUTA, PORQUE SE VOS TUVERADES QUE GOVERNAR O CONCELLO DE MIÑO!!A DIA DE HOXE O POVO NON SERIA MAIS QUE UNHA SILVEIRA.¡¡SOCIATAS!!

Anónimo dijo...

XOXE: la cabeza se hizo para pensar y no para golpear con ella. Piensa, discurre y no insultes. Yo sé que a los del PP es mucho pediros, pero por el bien de Miño deberiais tratar de razonar aunque sea un poco y convenceros que en mayo próximo la única opción para que este Concello salga del pozo en que se encuentra es que deis paso a gente nueva con ideas renovadoras. Teneis que pensar un poco en el bien común, aunque ya sabemos que genéticamente estais incapacitados para hacerlo.