Fai anos corría por Pontevedra unha lenda urbana que afirmaba poder detectar calquer pequeno verquido contaminante que escapaba dende a factoría de Ence. Cando no Diario de Pontevedra saía una páxina (ou dúas) de publicidade de Ence no día anterior saíra polos seus desaugadoiros auga non moi limpa. Era, como se dí na rúa, polo fume saber onde estaba o lume.
Non sabemos qué tiña de certo a lenda; afortunadamente os gobernantes, as leis, os cidadans e mesmo os empresarios van entendendo que a contaminación emporca a todos, agora e no futuro e pouco a pouco os episodios van quedando lonxe. Non tanto e tan rápido como quixéramos, dende logo, pero parece que a publicidade que agora sae no xornal significa só iso, publicidade.
En Miño, porén, podemos rescatar a lenda e ata afirmar que se cumple relixiosamente. Dende 2007 vimos observando que cando hai problemas dentro do grupo de goberno ou aparecen noticias nos xornais que non son do seu agrado o alcalde e os seus ceros respostan non con explicacións onde e cando procede (é dicir, nos plenos e en Miño, e sempre que os veciños así o soliciten) senon con anuncios peregrinos (os famosos muros de luces ou a pista de vó libre) ou ben con boletíns cheos de ponzoña. Non podemos entender cómo esta xente, no poder dende fai case vinteoito anos con maioría absoluta, se poñen tan tan nerviosos porque a oposición faga o seu traballo polos cauces legales e porque os organismos oficiais cumplan co seu deber.
Se non teñen nada que ocultar, se nada temen e se durmen tranquilos, por qué seguen a ocultar a verdade, a amenazar a veciños e mesmo militantes (seus) que discrepan e, sobre todo, por qué adican o seu boletín a falar do PSOE? ¿Non hai máis grupos na oposición en Miño? ¿Non teñen propostas que facer, contas que dar?
Chegados aquí, non sabemos qué pensar: ou ben que este fume indica de onde sae o lume ou que este boletín non é maís que a contribucion de Juan Maceiras, os seus ceros e os seus asesores ás datas festivas que estamos a vivir. Ou sexa, unha antroidada.
En calquer caso, atentos aos próximos boletíns do PP: nos próximos meses parece que terán que sacar moitos para tapar os moitos lumes que teñen prendidos e que, aínda que rezan por iso, non se apagarán coas choivas da primavera.
Bon antroido!
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
lunes, 15 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Voume disfrazar de baraxa española, gostame mais ca francesa.
De ouros e copas dende logo que non, non vaian pensar que son rico ou estou bébedo.
A dubida xurde se de bastos ou espadas, calquera das duas opcions e boa se serven pra desfacer as falcatruadas o volver ao orden.
Forza e Honra.
Ate a Vitoria Sempre.
Cabilas moito e non das unha,adicate a outra cousa que a politica non e o teu escoitas Angustia.
Llevo visto en diferentes ocasiones en vuestro blog comentarios insultantes del mismo estilo que el que aparece en el panfleto del PP. Seguro que el autor es el mismo:
El "derechito".
Este blog e un mais onde se esconden os cagans de Miño,e digo cagans e mariquitas porque ningun dos que escribe ten collons a decirlle na calle a eses "tales ceros" o que escribides aqui ,moito falar con anonimos pandilla de cagans.
Tú crees que insultando vas a lograr arreglar la desfeita que teneis en el Concello?, o que vas a dejar de pasar por el juzgado cuando te llegue el momento de rendir cuentas.
Si lo puedes leer aquí para qué necesitas que te lo digan en la calle?. O acaso es una amenaza de algo.
Sobran los insultos y falta la valentía de que le exijas a tus jefes de filas que actúen con honestidad. Eso sería valentía de verdad.
No sé quién os creeis que sois. Como diría tu jefe: destilas odio
Para o que anda ca merda na boca, nada mais hai que decirche que tes que estar ben jodido para chegar a un punto tan insultante como o que utilizas. Tanto que criticas o anonimato dos demais, por qué ti non das a cara e deixas de apodarte con nomes simulados. Despois de todos os que levas usado solo che falta o de Juan de San Juan.
Non critiques dos demais o que ti estas a facer. Non te das conta que esa boa imaxe que pretendes dar pola rua, con ben que vistes e te luces, a podes perder por sair aquí insultando desa maneira. Pensa un pouco, que xa tes anos dabondo.
Xa están cerquiña ... xa veñen por Abegondo. Algúns que se vaian agarrando á silla pois como se sabe, os ceros a esquerda non contan, pero os da dereita multiplican por dez.
Polo que se comenta, no Concello estos días algúns están repasando os papeis que firmaron. Nunca tanto xunto leron na súa vida.
¡Hay que rroeloooo´! "socialistas"
Que alguien me explique que es lo que los socialistas tenemos que roer
Publicar un comentario