ESCOITEN SEÑORES E SEÑORAS
RAPOSOS E RAPOSAS, NENOS E NENAS
A VERÍDICA HISTORIA (QUE MENTIRA NON É)
DO QUE LLE PASA E ACONTECE
A QUEN DA PERNA ESPERNEXE E DE REBOTE NON CAE ¡JAI!
Lembrades esta canción do grupo Chouteira que poñían no Xabarín Club da TVG? É "O jai jai", e foi o primeiro que me veu á cabeza cando vin esta mañá a uns operarios arrincando os famosísimos bolardos do non menos famoso "bulevar" que adorna a nosa vila. Por fin, por fin poderemos camiñar sen medo pola beirarrúa, ou aparcar sen pánico a deixar os baixos do coche enganchados nos pivotes, por fin as compañías aseguradoras poderán darlle vacacións aos seus departamentos xurídicos e por fin deixarán de chegar denuncias ao concello reclamando danos e perxuicios polas caídas, desperfectos e cabreo en xeral de veciños e visitantes.
Agora vos preguntaredes se nos imos queixar de que nos fagan caso no concello (tarde, mal e a rastro); Maceiras&cia recúa e ten que admitir que a obra que ía cambiar Miño de riba para baixo, que nos ía converter no Manhattan das Mariñas, que nos ía traer a Kate Moss para pasear polas súas beiras e outras marabillas sen fin, que esta obra, dicía, é un completo fracaso.
Fracaso, fallo, fiasco, desastre, ruina, descalabro, chasco, chapuza, batacazo. Todo iso e moito máis, porque ao cuestionable gusto estético (e non o digo eu, se queredes ver a opinión dun experto: http://blogs.lavozdegalicia.es/javierarmesto/2008/08/05/colorin-colorado/) e aos máis de cinco millóns de euros que custa (aos que haberá que sumar millón e medio máis que lle quere pedir á Xunta para rematar o desastre) hai que engadir a falta total de accesibilidade e utilidade da devandita obra.
Dende os primeiros días levamos denunciando que os bordillos non se percibían ben, que os "monumentos ao lixo" dificultaban o paso e o uso dos contenedores, que as calzada era demasiado estreita para o paso simultáneo de dous autobuses ou camións, que as rotondas da Señorita Pepis atascaban o tráfico... e sobre todo que os bolardos eran un perigo constante tanto para peóns como para vehículos.
Maís dunha vez temos visto a algún veciño tropezar e lastimarse, ou a un coche arrincar parte dos baixos, ao topar cos bolardiños que, en palabras do propio alcalde "están ahí para j.... a los vecinos". Nen as queixas dos lastimados, nen as denuncias das aseguradoras polos danos aos coches, nen o sentido común e moito menos a responsabilidade que ten o cargo para o que foi elexido (velar polo ben de Miño e dos seus veciños) fixeron que Maceiras reconsiderase o asunto. Por suposto as nosas denuncias moito menos: había que sufrir bolardos si ou si, porque el así o quería e mandaba. Amén.
Así era, ou así parecía de negro o futuro dos veciños e do bulevar. Eterno e doente. Pero non, algo cambióu de súpeto para que hoxe mesmo o alcalde baixe do Olimpo rodeado dos seus ceros e decida arrincar XA os bolardos.
¿espírito navideño? ¿propósito de ano novo? ¿ataque súbito de sentido común?
Non, algo moito máis vulgar e corrente, e sobre todo caciquil. Resulta, queridos veciños, que como di na canción, algúns espernexen, caen e levántanse e se non son amigos do alcalde non pasa nada. Pero se son o señor Jesús Veiga (caído polo visto en arriscado acto de servicio camiñando pola beirarrúa) ou un descendente directo do edil (con coche perxudicado en loita cun bolardo tal vez socialista) hai que tomar medidas inmediatamente.
¡Arrínquense sen dilación os bolardos que atacan ao goberno municipal! ¡Deixen os operarios calquer outra labor e protexan a integridade e os intereses de Maceiras&cía! ¡Fágase a vontade do amo!
En fin, damos por ben feita a eliminación dos bolardos se deixamos de tropezar neles, sexa cal sexa o motivo... pero non deixamos de pensar quén vai pagar o coste de poñelos, sacalos e amañalos entre tanto. Outro soño-pesadelo que nos deixa Maceiras, que haberá que solucionar cando se farte de xogar a ser estadista. Como fixo arrincando as portas do concello cando chegóu, e voltando a colgalas das bisagras pouco despóis.
E para que vexades que non llo teño en conta, remato cunha canción adicada a o noso alcalde e que procede tamén do Xabarín. Non sei por qué a historia de Nito lémbrame a Maceiras, escoitádea con atención.
¿que vos parece pasar da medicina á política e da política á papiroflexia?
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
martes, 12 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Que che den polo kuiño KMIÑO
Me quedo atónito co comentario que vos remitiron. Que falta de educación e pouco respeto hacia os demáis. ¡Cánta mala herba hai solta! Eso indica a falta de cultura e sobre todo de argumentos. Un bicho en estado primitivo puro.
Publicar un comentario