martes, 21 de julio de 2009

QUERIDO RICARDO



Hoxe é un día triste para os veciños de Miño e para os socialistas en particular.
Este serán finou o noso presidente de honra e amigo Ricardo Pérez Medín, aos 100 anos de idade.
Con el vaise un pedaciño da nosa historia, pero queda un exemplo de como se pode seguir sendo íntegro, progresista e boa persoa a pesar de sufrir os ataques das hordas falanxistas e dos seus heredeiros.

Ricardo foi consecuente coas suas ideas de democracia, respeto e progreso social ata o final.
Foi militante socialista ata o día de hoxe e, polo a que nós respecta, seguirá a ser sempre o noso compañeiro.

Dende a agrupación que leva o seu nome só nos queda por ofrecerlle o que el sempre desexou, ter un alcalde socialista en Miño.
Si algún día coa axuda dos veciños o logramos o primeiro pensamento será para Ricardo, brindándolle o noso traballo como ata o de agora.

Gracias, Ricardo, por ter vivido, por deixarnos o teu exemplo e sobre todo por permitirnos ser os teus amigos.

Descansa en paz.




No hay comentarios: