miércoles, 2 de mayo de 2012

25 ANOS... E OS QUE NOS QUEDAN!

A primeira agrupación socialista de Miño foi fundada por María Vázquez Suárez (dona María a mestra, posteriormente torturada e asasinada polas súas ideas), Abelardo López Varela (fuxido con Ricardo Pérez Medin na Golondrina) e José Salgado en outubro de 1933. Tamén formaron parte dela, como conta Ricardo Pérez Medín no seu libro de memorias, Manuel López González ( xulgado e condenado a 12 anos de prisión) , Francisco López, o propio Ricardo, F. Rodríguez, e outros. Xa sabemos o que pasou despois e os motivos polos que a grande forza do socialismo en Miño non tivera continuidade durante os anos escuros da dictadura.

Chegada a democracia houbo de novo socialistas de carné (porque de corazon houbo sempre) no pobo que sacaron adiante candidaturas, pero non foi ata o 1 de maio de 1987 cando se fundou a actual agrupación socialista de Miño, que leva o nome de Ricardo Pérez Medín en honra do último -e de momento único- alcalde socialista que tivemos.

Así que onte celebramos 25 anos de vida orgánica en Miño, afortunadamente con moitos militantes, moitos votos e seis concelleiros. Por suposto a boa situación actual non é mérito exclusivo dos componentes de hoxe, senon de todos os que pasaron por aquí, os que colaboraron, os que apoiaron e os que aguantaron nos momentos difíciles, que os houbo, e nos peores, que tampouco faltaron.

Mais de 150 persoas nos acompañaron, entre militantes, simpatizantes, veciños, compañeiros de outras agrupacions próximas (Bergondo, Betanzos, Curtis, Paderne, Narón, Pontedeume, Mugardos, As Pontes...), diputados autonómicos e estatais e por suposto o secretario xeral provincial Salvador Fernández Moreda e o secretario de organización Emilio Vázquez.

Dende a agrupación non podemos mais que estar agradecidos a todos por vir e por empuxarnos a seguir traballando -que seguiremos- e por darnos un dia maravilloso que lembraremos sempre.



Ahí queda unha imaxe do acto cando Manolo Faraldo estaba lembrando o valor das achegas de todos os que foron candidatos nestes anos, dos que prestaron as súas casas para as reunions, dos que mantiveron viva unha agrupación que ten xa 25 anos:


No hay comentarios: