viernes, 24 de febrero de 2012

O PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO

Estas son a moción e os rogos que presentou o grupo municipal socialista no pleno ordinario de febreiro.




Como é habitual, o grupo de goberno votou en contra das nosas propostas. A explicación que ofreceu Jesús Veiga para opoñerse a celebrar en Miño o dia de Rosalía de Castro e de paso facer oposición da oposición foi que iso era cousa da Xunta... así entenden a cultura no goberno local!

Os seis concelleiros do PSdeG,en cambio, si votaron a favor dunha moción do PP (xa era hora de que presentaran unha) pedindo carga de traballo para Navantia á Xunta e ao Goberno Central. Porque os socialistas saben diferenciar o ben común do interés partidista, e apoian e apoiarán calquer iniciativa que loite por mellorar a vida dos cidadáns.





Así (des)goberna o Partido Popular en Miño.

No hay comentarios: