viernes, 27 de mayo de 2011

GRACIAS!

Gracias a todos os cidadáns de Miño por recibirnos cos brazos abertos en toda a campaña. por abrirnos as portas das súas casas e por permitirnos entrar nelas... e gracias tamén aos 1366 que confiaron en nós e o noso proxecto!
Estes son os resultados (pinchar para ver máis grande):


Como se pode ver, non só duplicamos os votos obtidos senon que na mesa de Callobre chegamos a triplicalos e nas tres do casco urbano gañamos ao PP. O traballo feito escoitando as demandas dos veciños nos últimos catro anos fixo que os cidadáns nos diran o seu apoio, convertíndonos na única forza da oposición, a só 258 votos de gañar estas eleccións.

A partir de agora, como xa fixemos antes, queda continuar a labor de falar, escoitar e traballar para todos os veciños, defendendo os intereses de Miño diante de todo, cos seis concelleiros que teremos a partir da toma de posesión o sábado 11 de xuño e que están á disposición dos miñenses para levar ao concello a súa voz.

E tamén seguimos estando neste blog, no noso correo electrónico e na casa do pobo en Galea, 7 para recibir suxerencias, opinións e críticas, todas elas ben recibidas porque nos serven para mellorar día a día.

E, de novo, gracias!

3 comentarios:

Voto en blanco dijo...

Enhorabuena! Es de sabios rectificar y nunca hubiese pensado estos resultados. Felicidades al candidato y a su candidatura. Me hubiese gustado que el BNG mantuviese su representación pero hay errores que hay que pagar. Me reitero, muchas felicidades.

Un consejo dijo...

Le quiero dar un consejo al candidato. Si todo se cumple, dentro de 4 años gobernará el PSOE en Miño, pero cuidado con los "amigos", no te vayan a reventar todo. No permitas que nadie te eche a perder todo el beneficio conseguido.

Anónimo dijo...

Cando vides pedir os votos, vides con unha sonrisa e comprando á xente dunha maneira absurda. Agora que rematou todo, a min xa me cadrou de falar con algun de vos e casi vos costa falar coa xente, incluso o dia 22, habia xente nas mesas que como falaras cos do partido contrario, xa te miraban de reollo.E eso que o voto é privado, que se se soupera a verdade do voto...habería moitas sorpresas. A xente non é tonta, xa se conoce ós politicos de lonxe, porque é sempre o mesmo.Está claro que o PSOE levou os votos todos de Terra Galega e algún do BNG, que senón, como está o país de Zapatero, non subia votos, ainda que vos ahi non tendes culpa.
Para rematar, darvos a noraboa e seguide traballando, ainda que non fai falta ir tantas veces polas casas, con reunions esporadicas e anunciadas, chegaria.
Saudos.