Non sabemos ata onde vai chegar o goberno do PP en Miño coa fuxida cara adiante na que está inmerso dende fai un tempo para tapar a súa ineficacia, incompetencia, prepotencia e despotismo na xestión do concello . As mentiras vanse acumulando e claro, ás veces ata eles mesmo se contradin nas explicacións que tratan de dar a asuntos tan evidentes que non precisan ser explicados (xa se sabe, excusatio non petita, accusatio manifesta).
Fai unha semana amanecíamos coa nova de que os concellos cunha débeda menor do 75% dos ingresos correntes poderían recurrir a máis préstamos, e o concello de Miño -cómo non- saía na prensa sacando peito: temos menos débeda, podemos pedir máis crédito pero igualmente non pensabamos facelo. Aí queda iso, e que se vaia enterando o Tribunal de Contas:
http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/09/10/concellos-comarca-aseguran-capacidad-endeudarse-2011/418461.html
Parecía o conto daquel que, estando no fondo dun burato e para non aceptar que caeu afirma que non, que el vive alá abaixo.
Imaxinamos que os sufridos veciños que todo o cren, e os concelleiros do PP e afins que tamén (pero que ademáis son partícipes e responsables, queiran ou non, do que se fai e firma no goberno de Maceiras) quedaron felices e tranquilos de saber que en Miño as contas están ben, e inda por riba non fan falla créditos. O famoso "Miño es autosuficiente" que cacareaba o señor alcalde non fai tanto tempo, mareado polos cartos que entraban no concello.
Claro que hoxe a cousa cambiou un pouco. Agora resulta que sí, que a debeda non só supera o 75% senon que de novo Miño ten a dubidosa honra de estar na cabeza da lista dos concellos galegos que non poden endebedarse máis pola súa situación económico-financiera, cun 104,39%. En qué quedamos? Daquela había máis débeda da que o concello recoñecía e aseguraba? Na escola a iso lle chamaban faltar á verdade, dicir trolas ou, directamente MENTIR.
En fin, iso non pode sorprender a ninguén que coñeza a xestión de Maceiras&cía, o malgasto e o despilfarro en obras faraónicas dignas da persoaxe que leva o bastón de mando no concello, que non fixo máis que correxir e mellorar o labor de Veiga, Herva, Bernardo e os demáis nos anteriores vintepico de anos do PP en Miño.
O curioso ven cando lemos na noticia o motivo que da o propio goberno para explicar que "donde dije digo digo Diego": un lamentable erro nas contas, vaia por Deus e polas ánimas do purgatorio, trabucáronse outra vez. Millón arriba, millón abaixo, qué maís da:
http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/09/17/concello-seis-galicia-podra-pedir-prestamo-2011/420722.html
Chegados a este punto, os veciños poden respirar; se os multan por non poñer o papeliño do aparcamento poden alegar que foi un erro; se esquecen pagar o IBI, o mesmo. O concello é comprensivo e non será quen de tirar a primeira pedra. Por suposto tamén debería entender a mentira, ou a realidade adornada que eles tan ben utilizan.
Pero a cousa non remata ahí, porque a versión dos feitos, que diría un investigador de película (tal parece a historia do un e os sete ceros) vai variando según cambiamos de xornal:
http://www.xornal.com/artigo/2010/09/17/economia/mino-lidera-lista-concellos-galicia-non-poderan-endebedarse/2010091701014401501.html
Agora resulta que hai débeda (enorme), pero non foi un erro. Non señores, a culpa coma sempre non foi deles, foi do bipartito -ou dos de Asuntos Sociais, ou do anterior secretario, ou do anterior interventor, ou do chachacha. Que, ben pensado, poderíamos elexir como himno deste goberno de Miño que xamais ten culpa de nada:
">
O pobre Maceiras veuse na obriga de facer o "bulevar" por 5.400.000 euros e ningué llo pagóu. E agora ten a desfachatez de decir que as cousas "acabarán indo"... polo mar abaixo, quererá dicir.
Pois nada, vaia indo o señor Maceiras e os seus acólitos polo mar abaixo acompañados dunha troita de pé, que algúns teremos que quedar para amañar a desfeita que van deixar estes elementos en Miño. Pero mentres, deixen de dicir mentiras.
para contactar con nós
para contactar con nós:
usa o correo electrónico: mino@psdeg-psoe.org////participa no blog////ou na Casa do Pobo: Galea, 7 - Baixo D (Miño)
MIÑO NA PRENSA
- El concello de Miño, en jaque por el auto sobre Fadesa
- La indemnización a los expropiados de Fadesa cuadriplican el presupuesto de Miño
- Las expropiaciones de Fadesa hunden al concello de Miño
- La burbuja le estalla a Miño en la cara
- Miño en la encrucijada del ladrillo
- PSOE exige dimisiones por el caso Fadesa
- O Consello Consultivo informa en contra da liquidación do contrato con Fadesa
- UTE renuncia a urbanizar Piñeiro
- UTE de Piñeiro pide la devolución de los tres millones del canon
- Fadesa se niega a firmar el contrato que le propone Maceiras
viernes, 17 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
En Miño, Maceiras y Cía habrán llegado al fondo del pozo sólo cuando dejen de cavar. Mientras tanto el pozo seguirá haciéndose cada vez más profundo.
La alternativa es que en mayo, los vecinos decidamos PONER FIN A LA EXCAVACIÓN DE ESTE POZO en el que nos están metiendo y le demos la confianza al PSOE, que es el único que se visualiza como capaz de limpiarnos esta costra de impudicia
El Sr. Maceiras está obsesionado con el PSOE, ya lleva casi 8 años gobernando y se trata de justificar ahora echándole la culpa al bipartito. No tiene vergüenza. Él es quien debe justificar todas las promesas incumplidas, sus gastos y sus actuaciones y no las de los otros, ellos ya pagaron con salir del gobierno. Maceiras es el alcalde, ¿o no? y es el responsable de la triste situación en la que está Miño en estos momentos. La compra de las farolas para las dos entradas del pueblo y las obras del bulevar, al margen de gusto, son un despropósito, ya que se pagan con el dinero de todos y dada la situación en que se encuentran la mayoría de las familias, es como darles una bofetada en la cara. De eso y de todo lo demás es de lo que tiene que responder. Su estrategia viene siendo como la del calamar, echar tinta para emborronarlo todo, pero ese cuento ya está gastado y no cuela. La gente puede hacerse la tonta, pero eso no quiere decir que lo sea.
E todo esto que está pasando non o poden arreglar os asesores que ten: un xurídico e un cara dura de bigote. O millor arréglallo o que anda no coche de Protección Civil pa riba e pa baixo, pa Betanzos, pa Sada, etc. etc. Toda esta caterva de amigos capitaneada por D.Juan son os culpables e non a solución. Hai que botalos canto antes de ahí.
Ahí va una adivinanza: ¿Qué es aquello que cuanto más se le quita más grande es? EL AGUJERO. Y desde luego en Miño mira que se le ha quitado, pues es el más grande de Galicia. Y me pregunto ¿A dónde iría a parar todo lo quitado? Sólo pensarlo me revuelve el estómago.
Una curiosidad: El piso que tiene el alcalde está en Raxel, que también se conoce como MAL FURADO…., en el que nos metió a todos, incluso a los que le apoyan.
Después de todo lo visto en el pueblo y lo que informa la prensa, ¿qué pensarán todos los que apoyaron al alcalde, aún seguirán creyéndolo?. En una gran parte, se puede aplicar el dicho de que “Sólo está ciego el que no quiere ver”
Publicar un comentario