sábado, 16 de enero de 2010

OUTRA MARABILLA

A última, e ogallá derradeira, ocurrencia do alcalde e os seus ceros, é instalar "una pared con un juego de luces y distintos elementos decorativos que recibirán de una forma espectacular a los visitantes»:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/01/16/0003_8231076.htm

Para nós é un auténtico insulto aos miñenses anunciar cada certo tempo, a falta de propostas e solucións para a difícil situación do concello, estes desatinos que parecen  sair dunha mente chea de desvaríos para burlarse dos sufridos contribuíntes que pagan as obras, pagan os amaños das obras mal feitas, e por pagar pagan ata os anuncios das obras.

A pista de ultralixeiros, o parque de atraccións, o balneario de talasoterapia... os veciños non queremos que nos enganen como a nenos prometéndonos marabillas que por riba nunca se fan realidade. Queremos,  esiximos que o goberno do concello se preocupe de amañar os problemas do pobo, de mirar polas necesidades dos veciños, de axudar no posible ao comercio local, de facilitar a creación de postos de traballo.

E se non son quen de gobernar para os cidadáns tomando iniciativas serias polo menos cumplan co mínimo que se lle pide a calquer concello, manteñan os camiños limpos, as luces operativas, as beirarrúas sen furados. Ou o alcantarillado para Bemantes que xa cobraron fai tres anos.

Xa nos estamos fartando de tantos contos. Levan vinteoito anos gobernando os mesmos, sete leva Maceiras como alcalde e non percibimos que Miño teña mellorado. Aquí o único que medra son as débedas e o descontento.

6 comentarios:

Carreira dijo...

Por medrar, tamén lle medra a barriga e o peto ó alcalde é algún dos seus secuaces. Outros da sús corda miran como tontos pa eles, mentras non comen nin as migaxas.

Anónimo dijo...

¡CADA UN! POLO QUE VALE OCUPA O LUGAR QUE YE CORRESPONDE E A VOS "SOCIATAS" NON VOS QUEDA OUTRA QUE ¡ROELOOOOOOOOOOO!

Un veciño dijo...

Parece que non vos enterades. O unico que quere J.Maceiras con esas obras e facelas para cobrar ó 10% de comisión. O que se faga na obra e o de menos. Hai moitos que manter e a él fanlle falta cartos para seguilo sue tren de vida.

Anónimo dijo...

Con referencia o escrito anterior firmado por un veciño, que fala do 10%de comision, atento o que escribes porque estas cometendo un delito de acusacion ,atente as consecuencias listillo.

Un veciño dijo...

Para anónimo. Seica saliches abogado, polo que daquela xa sabes que con todas as acusacións que levas feito ti, deberias estar na cadea desde fai moitos anos. Bueno, claro si so fosen acusacións, deberíamoslle sumar traicións, abuso de poder, prevaricación, etc. etc. Relájate un pouco e tomao con calma. Xa sabes o que dí o refrán. " A todo porco lle chega o seu San Martiño". Ollo non o tomes como un insulto. Sólo é un refrán. Contemplao como unha posibilidade de futuro

Anónimo dijo...

¡OICHES O!PORQUIÑOS HAICHE MOITOS ,NALGUS SITIOS MAIS QUE OUTROS¡PERO NON PENSES QUE ESTOU INSULTANDO!O RESTO VADES TER QUE ROELO MOITOS ANOS.