miércoles, 17 de junio de 2009

GRACIAS... OUTRA VEZ


Cando un grupo de persoas se presenta a unhas eleccións, ben formando parte dunha lista, ben facendo campaña pola lista do seu partido, podése perder ou gañar. Nós sabemos o que é gañar (como en marzo do ano pasado) pero tamén perder. Sen ir máis lonxe, en marzo deste ano perdemos o goberno da Xunta de Galicia, e agora acabamos de perder (por pouco, a verdade) as eleccións europeas.

Parece que as maniobras da dereita están a conquerir facer pensar á xente que, ademáis de saber fabricar unha crise, saberán saír dela (?). En fin, en democracia hai que respetar a voz das urnas e así o facemos no PSOE e na agrupación de Miño. Coma mostra do bon facer do PP, estes días, e facendo alarde do programa de austeridade que "vendeu" na campaña, o sr. Feijoo acaba de contratar como asesor da Consellería de Industria e Economía (salario anual: máis de 50.000 euros) a un rapaz de 21 anos, estudante de dereito e que ten como único mérito ser presidente de Nuevas Generaciones del PP de Pontevedra:

http://www.libertaddigital.com/nacional/la-xunta-nombra-asesor-de-economia-e-industria-a-un-estudiante-de-21-anos-1276362247/

Medo da pensar qué tipo de consellos pode dar para mellorar a economía e a industria de Galicia. Veremos.

Voltando ás eleccións, decíamos que se pode gañar ou perder. Agora ben, hay xeitos e xeitos de perder. Nós, polo de agora, estamos a valorar os resultados en Miño. Cada convocatoria, e levamos xa catro, imos incrementando os votos para o PSdeG-PSOE, mentres vemos como,acortando distancia cos do PP. Velaí tedes os resultados por mesas do pasado 7 de xunio (para aumentar, clicar na imaxe):

Só por dar un dato, nas eleccións municipais de 2007 acadamos 693 votos(20% do voto), e agora, dous anos de esforzo despóis, 747 (o 32%). É dicir, subimos 12 puntos, o que pon en evidencia que aumenta de forma sostida e constante a confianza dos veciños no noso traballo, que xa nos van considerando a (única) alternativa ao (des)goberno que hai en Miño.

Así que, unha vez máis, gracias a tod@s os que confiades en nós, no PSdeG, no PSOE e no PSE. Nós, pola nosa parte, seguimos comprometidos a seguir traballando pola xusticia, a democracia e o progreso no pobo. Coa vosa axuda e a nosa ilusión, quén pode poñer límites ao que podemos acadar en Miño?

No hay comentarios: