Entre todos acadaron un posto de honra para Miño e para os seus veciños. Non nos queda outro remedio que darlles os parabens polo seu logro, algo que en trinta anos de democracia ninguén conseguiu. E vostede fixoo sen presumir, sin ter que vivir en Miño e sin ter un equipo de grandes porfesionais. Os grandes homes son así. Modestos, humildes, buscando o ben dos demais sen pensar neles xamáis.
En fin, os lectores do blog estarán xa impacientes por saber a qué se debe este panexírico, e verán que pode que nos quedemos cortos. O pasado 1 de abril o Ministerio de Economía e Facenda publicou por vez primeira os datos da débeda viva dos concellos de España (http://www.meh.es/es-ES/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/DeudaViva.aspx), e na agrupación buscamos con curiosidade a situación do noso concello.
Despois dun procesado dos datos, atopamos algo de verdade relevante e o motivo da nosa noraboa ao alcade e os seus colaboradores: Miño sitúase no posto 16 entre os concellos de Galicia máis endebedados, pero si sacamos a débeda por habitante resultamos ser OS VECIÑOS MAS ENDEBEDADOS DE GALICIA, con case 1000 euros por cabeza:
Tanto nenos como vellos, parados e traballadores, homes e mulleres, cada un de nós debe 926,59 euros. Da igual os de Bemantes que os de San Xoan, os que teñen alcantarillado coma os que non, os que padecen as obras e os que padecen as novas beirarrúas. Tamén os que foron expropiados para ¿facer? Costa Miño, e os que tiveron que malvender os terreos de Piñeiro.
Ademáis de todo iso, os miñenses debemos cartos, moitos cartos. Diñeiro que algún día teremos que abonar os veciños de Miño, entre os que problablemente non estará o señor Maceiras cando toque pagar.
Non lle vamos pedir que gaste cartos ademais de poñer o nome de Miño por todo o alto. No mais alto, concretamente. Pero da lista dos concellos coa maior débeda de Galicia, e cos cidadáns mais endebedados. Triste honor, e negro o futuro de Miño.
Porque en Miño o réxime de goberno non é a democracia, ainda que o queren aparentar. Aquí impera o SIJUANISMO, é dicir, o asentimento temerario dos seis (agora sete) ceros que rodean a Juan Maceiras a todas as súas propostas megalómanas. O que fai a mínima crítica vai fora, como ben sabe a concelleira ex integrante da Xunta de Goberno Eva Vilariño.
Entre todos van baleirando as arcas municipais con proxectos que non se rematan (bulevar), son parados pola xustiza (EDAR de Ponte Baxoi) ou directamente non se empezan pero sí se pagan(piscina, balneario, xeriátrico, pista de vuelo libre, campo de tiro...)
E polo que se ve, e non é que o vexamos nós senon que o ve o Ministerio de Economía e Facenda, o están a facer moi ben, de xeito eficaz e eficiente. Axudando entre todos coa crise económica. Pero axudando a facela mais grave e profunda, e xa se pode comprobar que o fan a conciencia.
Así que reiteramos a felicitación a Maceiras&cía polo traballo ben feito e ademais recoñecido por un organismo oficial. Pero, señor Maceiras, permítanos un recordatorio:
SÓ LLE QUEDAN DOUS ANOS
O TEMPO ESTÁSE A ACABAR PARA VOSTEDE E OS SEUS ACÓLITOS
¿CANDO VAI EMPEZAR A GOBERNAR PARA OS MIÑENSES?
¿CANDO VAI FACER ALGO PARA MELLORAR DE VERDADE A VIDA DOS VECIÑOS?
No hay comentarios:
Publicar un comentario