Esta é a nosa sede en Miño; está na rúa Galea nº7 baixo. Alí estamos para atender aos veciños os luns, mércores e xoves de 20:00 a 21:00, e podedes acudir para facer suxestions, consultas... ou unha visita!
Tamén vos facilitamos os trámites para facerse militante ou simpatizante, queremos ampliar a nosa agrupación con xente disposta a traballar por Miño na medida das suas posibilidades.
Especialmente nos diriximos á xente nova para ter tamén unha sección de Xuventudes Socialistas no pobo. Se queremos traballar polo futuro é lóxico que queiramos contar con vos que sodes os que o ides vivir. Por iso vos animamos a vir coñecer o partido, a sede e a nos mesmos.
1 comentario:
Publicar un comentario